Eugenio F. Granell, no seu centenario - 05/12/2012
ECOS DA BERENGUELA -xornal

Xosé Lois García

O pasado 28 de novembro cumpriuse o centenario de Eugenio Fernández Granell (1912-2001), natural da Coruña e unha das glorias galegas que fixo destaque na ideoloxía marxista, como mozo conspirador contra a burguesía, durante a II Republica e a Guerra Civil, ao lado dese amplo grupo frontista do POUM, de Andreu Nin. Granell foi o intelectual que aportou non poucas dádivas a pintura, á música e á escrita, en tempos daquela sombría e asasina ditadura, nos chegou por conta pingas. Dado que Eugenio Fernández Granell continuou exercendo de conspirador por eses tortuosos camiños do exilio republicano, tanto na Europa como por tódalas as Américas.

Non vou aquí describir a súa longa biografía, nin tampouco o lado creativo nas artes plásticas, dado que Granell é coñecido polos lectores e, tamén, polas redes informáticas que ofrecen amplos estudos da súa biografía. Por tanto, sería improcedente seguir por este canle. Pero si que intentarei describir certos matices de Granell como escritor. E neste sentido, a sorpresa chegoume nese enorme ensaio de Granell, titulado: “El Guernica de Picasso, el final de una era española”, publicado pola Fundación Picasso, do Concello de Málaga en 2002. Un libro que atopei fai poucos meses no Museu Picasso de Barcelona. Un libro fragmentado en doce apartados sobre o Guenica de Picasso. Un deses ensaios raros e tan particularizados na xénese dun cadro universal que destaca a traxedia provocada polos bombardeos sobre o pobo vasco de Guernica, o 26 de abril de 1937, pola aviación nazi e as tropas franquistas. A operación xenocida sobre Guernica impresionou ao mundo e sobre el comezou a desenvolverse o tótem e o mito tan visíbel no cadro de Picasso.

Un ataque directo contra as liberdades de Euskal Herria, representadas nesa árbore que matiza tantas cousas da vida dunha nación que o fascismo quixo borrar da memoria. Unha árbore que o mozo Miguel de Unamuno, presentiu a súa destrución e a enxalzou de atributos iniciáticos, así o manifestou neste poema: “El árbol solitario/ que se levanta en el campo raso/ desafía a la ira/ del rayo del cielo./ La tempestad tronó/ vino el rayo/ y partió el tronco/ del arbol robusto;/ aflicción por el arbol solitario/ que en el campo estéril/ desafía a la ira/ del rayo del cielo”.

En todo este contexto de avatares, predicións, mitos e derrotas non admitidas, o Guernica de Picasso, unha das iconas pacifistas ou antibélicas da pintura actual, ven a ser verificado por outro dos grandes da creación pictórica como é Eugenio Fernández Granell. E dos numerosos estudos que se teñen feito sobre o cadro de Picasso, Granell chegou a esmiuzar desde o “mito epifánico” da concepción picassiana, para entrar, como poucos, no chamado “fenómeno social de Guernica”, para desentrañar o episodio bélico e achegarnos ao fenómeno estético, onde atopamos a natividade dun escenario de episodios que o propio Granell veu desentrañando. Non é fácil escudriñar o portento dunha obra tan manoseada, por certos escurantistas, como ben sendo o cadro de Picasso. Pois este manual de 215 páxinas, obra cume da escrita de Granell, colócanos no centro de múltiples e apaixonantes episodios que nos descifran elementos míticos da cultura árabe-hispana, como pode ser o tema do touro destrutor. Nestes casos, Granell buscou a concorrencia da tradición e do mito que emerxen notablemente no que Picasso configurou no seu Guernica.

“El Guernica de Picasso, el final de una era española”, de Eugenio Fernández Granell, proclama un contexto histórico de enormes repercusións desde o matiz e a dialéctica marxista de analizar as clases sociais e, sobre todo, as clases dominantes. Tais episodios marcan a prioridade atenciosa deste magnífico estudio. A súa lectura é unha maneira de celebrar o centenario do home que esclareceu tantas transcendencias.

Presentación libro do manierismo en Sober.

a ìntura manierrista en solbar

camilo gomez torres
De rebeldías, Soños e irmandades

coloquio homenaxe xose lois garcia
Libro Coloquio-Homenaxe

polas diversas xeografias da lusofonia 210x315
Polas diversas xeografías da Lusofonía

pinturas renacentistas 210x315
As pinturas renacentistas de Santa María de Pesqueiras