Oscar Niemeyer, na vertixe das curvas e da solidariedade - 11/12/2012
ECOS DA BERENGUELA -xornal

Xosé Lois García

Cento cinco anos de vida intensa é o cúmulo de experiencias creativas que nos brinda o grande arquitecto brasileiro que remata de finar. Oscar Niemeyer (1907-2012 é a referencia mais ilustrada e ilustrativa que nos mostra nese amplo mosaico de creación arquitectónica. Onde o perfil de seus proxectos inauguraran un mundo novo, tanto nas técnicas da arquitectura moderna como no deseño revolucionario que nos ofrece. Rompendo con aquela arquitectura referenciada en estilos clasicistas.

A primeira vez que me hospedei nun hotel brasileiro, foi no Grande Hotel de Ouro Preto, a miña primeira impresión obrigoume a facer unha inspección óptica a ese caudal de misterios que se matizan nesas liñas fragmentadas por curvas: alicerce dunha vangarda sen igual. Se o exterior do Grande Hotel, en todo ese portento creativo, harmoniza con aqueles cumes tan autoritarios das serras que guarnecen a Ouro Preto, e a forte pendente da rúa Senador Rocha Lagoa, onde se asenta este ente hoteleiro, sintoniza con esas liñas barrocas dun enorme edificio conventual do século XVIII. Mais no interior dos pasadizos e dos cuartos, a sinfonía de liñas non cesa até extasiarnos.

Mais a miña grande impresión –por non dicir delirio- foi ante o Museo Niemeyer de Curitiba, no Estado do Paraná, que popularmente lle chaman o “Ollo”, por ter esa forma. Esta característica non pode ser mais peculiar, tanto no deseño como nos diversificados espazos que o nutren de grande beleza estética. Tense falado moito do Niemeyer das curvas e menos das formas e dos grandes espazos que unifican a ambos. O Museo de Curitiba “é demais!”, como expresan os brasileiros.

E neste andar e ver da miña peregrinaxe pola arquitectura de Oscar Niemeyer, un obedece a esta enfermiza adicción e pregunto en São Paulo ao meu amigo e crítico literario, Fábio Lucas, que me levou ao Edifício Copan de São Paulo, onde esas curvaturas desafían a tódolos deuses e galaxias celestes e contentan ao espírito nos ollos que ven. O edificio do Parque Ibirapuera e o Memorial de América Latina, entre outros, culminan na cidade paulista o acervo da súa pegada, precisa e creativa.

Tamén na súa cidade natal, Rio de Janeiro, as súas particularidades son enormes e múltiples como o Museu de Arte Contemporânea de Niterói, no frontal da baía de Guanabara, espectáculo único na que se divisa o frontal da cidade carioca, desde ese espléndido círculo en forma de copa, nunha alta rocha marítima.

En Recife, na Avenida de Nossa Senhora da Boa Viagem, no frontal marítimo, mesmo no enorme parque dedicado a Dona Lindu (mai de Luiz Inácio Lula da Silva) con dotacións para diversos atractivos culturais e teatrais que se guarnecen baixo esas enormes curvas e liñas, que estruturan espazos funcionais cunha diversidade estética onde o branco culmina no branco.

Mais o esplendor creativo no que un se integra a tódalas dimensión creativas é a cidade de Brasilia, feita á medida do urbanista Lúcio Costa e do arquitecto Oscar Niemeyer. Aquí podemos comprobar ao gran creador e modulador dunha cidade no que o conxunto de tódolos organismos do Estado, culturais e relixiosos concentrados, os individualiza con fórmulas arquitectónicas ben diversificadas como o Museo Nacional, a Biblioteca Nacional, a catedral, nese deseño á inversa dos formulismos tradicionais e, ademais, dándolle unha nova interpretación simbólica dentro do contexto bíblico.

Todo isto nos ben dun home marxista, que sempre se afirmou e viviu e foi á cadea, na época da ditadura. Isto nos ben dun home plenamente humanista que se reiterou nas ideas comunistas co afán de rematar coa explotación do home polo home. A personalidade de Oscar Niemeyer é enormemente rebelde no seu afán de xustiza social e loitar pola igualdade, nun país de tantas carencias e desestímulos sobre temas asistenciais e existenciais.

En Rio de Janeiro merquei o seu libro de memorias, titulado: “As curvas do tempo”, e en termos de atracción ideolóxica fala así da súa viaxe a Rusia: “E Moscou não nos decepcionou. Com que prazer transitamos pela Praça Vermelha, surpresos com a monumentalidade do Kremlin e a graça desenvolta da catedral de São Basílio, com suas abóbadas douradas! Com satisfação sentímos o povo se recuperando, a vida a caminhar dentro dos preceitos de Marx e Lênin, fraternal e xusta para todos”.

Neste libro citado, danos a clave humanista que el practicaba e que manifesta, no seguinte texto: “Certa manhã, chegava ao prédio onde trabalho quando um menino me fez parar. Queria vender uns tabletes de chocolate, parecia tão franzino, tão triste e humillado que lhe dei algum dinheiro, antes de entrar no edifício.

Do terreo do meu andar, sua história tomou outra dimensão. Já não era somente o seu desamparo a me afligir, mas essa miséria imensa que se multiplica e da qual ele era apenas um exemplo doloroso. Poucos a levam a sério, mesmo quando ela se faz global, como ocorre na África, a correrem as multidões famintas em busca dos víveres que do alto lhes enviam, como se um contato mais humano, mais próximo e permanente não fosse ajuda indispensábel.

E, não sei se pela idade, não consegui conter a minha emoção: pedi a um auxiliar que o fosse buscar na rua.

Conversamos. Perguntei-lhe de onde vinha. Respondeu-me ser de Minas, de Caratinga. Fugira de casa, passando a viver pelas ruas, a dormir nas calçadas junto aos arcos da Lapa. Tinha once anos.

Indaguei-lhe que queria ser: “Músico ou cantante”, foi a sua resposta. E fiquei a olha-lo pensativo. Quantos, pobres como ele, se tornaram homens da maior importáncia, nas mais diversas profissões! E lembrava Camus, Chagall e o nosso Machado de Assis... Quantos talentos perdemos no Brasil por força desse desprezo permanente pela infância abandonada”.

Esta historia remata cando Niemeyer leva a este menino da rúa para a súa casa e o converte en home útil e aproveitado. Velaquí o xenio e o enorme humanista, sustentado pola forza que tiña contra as inxustizas sociais e co interese de producir o home novo.

camilo gomez torres
De rebeldías, Soños e irmandades

coloquio homenaxe xose lois garcia
Libro Coloquio-Homenaxe

polas diversas xeografias da lusofonia 210x315
Polas diversas xeografías da Lusofonía

pinturas renacentistas 210x315
As pinturas renacentistas de Santa María de Pesqueiras