Na voz de Whitney Houston - 15/02/2012
Opinión - logo gd 2

Xosé Lois García

Persistirei na voz inmorredoira de Whitney Houston. Aínda que a morte violente tódolos seus apousentos, mais ese timbre de voz seguirá en alto volume agrandando corazóns. Non son precisos altos decibelios para ornamentar a solidez dunha voz que nunca vai esmorecer. Non é preciso reinventar o énfase deses ecos afroamericanos, vitalidade daquelas voces ancestrais da Mai África, totalizadora de tantas concertacións arcaicas e de sabedorías que en Whitney fascinan esa totalidade de elocuencias onde os seus ecos vitalizan esa música antiga que no son do tan tan, da marimba, do singufo e do kissange fertilizaron eses sons onde América palpita noutras elocuencias que a distinguen en prolíferas voces da negritude.

Whitney Houston, prototipo desa forza de palmeira esvelta africana que zarandea e dobra, mais nunca quebra; fecundadora de pesados e perfumados froitos que dosifican a ofrenda para que unha América tan núa como desmedida en tantos estragos que ela mesma crea. A herdanza da cantora de Newark déixanos esa pureza luminosa de raíces africanas onde xa ninguén pode sentirse estraño nesas harmoniosas vocalizacións cadenciosas. E nestes momentos en que a súa voz resoa por tódolos recantos do universo, moitos apelamos a esa tradición africana de poetas, músicos e cantores que fertilizaron en América, algo tan importante como a voz consagrada a cantar ao amor, a efemérides, a historias desoídas, a sagas inéditas de negros escravos. A voz de Billie Holiday, tan inquedante como inquebrantábel, sementadora de certezas no pensamento e no itinerario de Whitney Houston continúan xuntas por ese roteiro de plenitudes.

Blues, gospel, jazz, alén dos silencios impostos, a marca de África en voces femininas negras, como a de Gertrude “Ma” Rainey, Bessie Smith, Victoria Cox, Madlyn Davis, até chegar a Whitney Houston. Outras voces tan singulares como inmorredoiras sosteñen ese perfil in crescendo da musica e da canción de orixe africano sustentada por quen non vulnera os quilates negros en América que no pop teñen varias frecuencias.

O mundo fica mais podre e orfo coa morte de Whitney Houston. De min sei dicir que a voz desta cantante que me acompañou tantas veces en solemnes repeticións por esas viravoltas das estradas que rodean ao Pai Miño, desde Chantada aos Peares e polas quebradas e estivadas de Sober, Pantón e o Saviñao. Súa voz doce e potente axudoume tantas veces nesa fascinación de comprender as paisaxes da Ribeira Sacra e nos balanceos que produce o auto.

Unha experiencia que teño que repetir co CD de sempre que me agarda para escoitar a solemnidade de “I will always love you” entre paisaxe en presaxio de primavera e resignación como o talento musical de Whitney Houstos continúa vivo sen a súa presencia.



Presentación libro do manierismo en Sober.

a ìntura manierrista en solbar

camilo gomez torres
De rebeldías, Soños e irmandades

coloquio homenaxe xose lois garcia
Libro Coloquio-Homenaxe

polas diversas xeografias da lusofonia 210x315
Polas diversas xeografías da Lusofonía

pinturas renacentistas 210x315
As pinturas renacentistas de Santa María de Pesqueiras