O Entroido chantadés - 21/02/2013
Opinión - logo gd 2

O ENTROIDO CHANTADÉS
XOSÉ LOIS GARCÍA

Non imaxino a xerminación e o despregue do Entroido de antano na Ribeira Sacra. En toda a súa evolución e diversificación, como a que se manifesta nas dúas parroquias ribeirás de Chantada, Santiago Darriba e Nogueira de Miño. Fáltannos datos para definir as orixes destas manifestacións festivas do introito de coresma. Nestes dous enclaves ribeiraos, onde se determinaron expresións que aínda perduran no afán do colectivo veciñal de respectar e fomentar tradición.

Moi poucos datos escritos pódennos axudar a revelar a autenticidade da acción costumista dos deliciosos disparates e dos bufóns que ornamentaron aquelas carnestolendas, orixinadas nos rituais pagáns que se facían en honor de Baco, o deus do viño. Posibelmente esta festa báquica como as saturnais chegaron ás nosas ribeiras coa expansión do Imperio Romano e xa na Baixa Idade Media tivo outras connotacións ben distintas, inclusive clandestinas, polas críticas feitas e parodiadas non admitidas á relixión férrea e imperante. Tamén ao poder civil, non debemos esquecer que tanto Nogueira e Santiago Darriba foron feudos do conde de Lemos e boa parte dos foros e rendas que pagaban estas parroquias ribeirás ían á facenda eclesiástica do bispado de Lugo e dos grandes mosteiros de bieitos e cistercienses.

Cos cambios políticos operados durante todo o século XIX, as estruturas sociais contraídas pola sociedade española deu pé a novas manifestacións argumentadas na vella tradición de festas e celebracións. Nese século de cambios e de contradicións, xurdiu unha nova crítica idealista entre liberais e carlistas; clericais e anticlericais que foi un abono dinámico para enaltecer a crítica no período de carnaval. Coido que o noso Entroido non estivo exento de cambios ao manifestar turbulentas críticas contra certo estado de cousas inadmisíbeis.

As crónicas de carnaval madrileño de Mariano José de Larra e de Ramón de Mesonero Romanos, non deixan de sorprender esas condutas urbanas dos embozados e enmascarados que respondían a escenas do teatro grego e latino que se caracterizaba polas caretas, dando sorpresa burlesca dunha cerimonia mímica e moitas veces inxenua cuxo fin era exhibir o portento ante os que adulaban a nobres e cortesáns madrileños.

Aquel Madrid clasista, o dos privados bailes carnavalescos en decadencia aristocrática, está na crónica de Larra, titulada: “Bailes de máscaras en el carnaval de 1834”, no que manifesta: “Bastará decir que las pocas señoras que asistieron, que las pocas elegantes que en aquel baile se hallaron, engañadas sin duda, ni pudieron bailar ni osaron descubrirse; que vimos infinitas mujeres sin guantes, que se bailaban los valses con la figura del desmayo y que se yo qué otras antiguallas que de nada nos sirve no haber alcanzado si nos han alcanzado ellas a nosotros. En una palabra, concluiremos diciendo que nunca nos pareció tan feo el bello sexo”.

En Madrid había outra autenticidade no carnaval popular e non elitista, o de rúas e prazas e non de salón reservado para os que non se enzoufaban coa plebe. Na década de 1830, Mesonero Romanos, da conta disto no seu artigo, titulado: “El martes de carnaval y el miércoles de ceniza”, admitindo: “Las locuras del Carnaval tocan a su fin; la hora suprema del martes ha sonado en todos los relojes de la capital; la población sin embargo, ensordecida con el bullicioso ruido de las músicas y festines, no escucha la fatal campana que le advierte, grave y sonora, que todo tiene término que la mano 21/02/577777severa de la razón acaba de arrancar la máscara a la locura. ¡Qué horas tan próvidas de sucesos aquellas en que la noche del martes lucha tenazmente con la aurora del día santo!... ¡Qué extravagancia de escenas, que vértigo de pasiones en los últimos instantes del reinado del placer! ¡Qué contraste ominoso con la tranquila calma de la religión y de la filosofía! (...) Todo es, en fin, placer y movimiento y risa y algazara y cuadros alagüeños sin pasado y sin porvenir; la capital entera resuena con las músicas armoniosas; por las anchas ventanas se desprenden torrentes de luz y al confuso sonido de la conversación y de la danza, mil carruajes precipitados surcan en todos los sentidos las calles para conducir a los respectivos seraos a los alegres bailadores”.

Estas bacanais de carnaval madrileño encarnan, na crónica puntual de Mesonero Romanos, as particularidades que tiñan en todo o reino o carnaval, que a ninguén deixaban indiferente. Aínda que as diferenzas son marcantes entre o relato de Larra e o de Mesonero; entre o carnaval aristocrático e o popular. As exaltacións do carnaval popular da época, débenlle moito ao trienio liberal de 1820-23, no que rexurdiron festas con profundas raíces populares nas que se manifestaban eses desafíos ao despotismo de Fernando VII. Aínda que as esencias do divertimento e critica popular, que no carnaval exhibíase, ante as normas fernandinas impostas despois do réxime liberal, o propio Mesonero Romanos, en 1928, compuxo un poema que lamenta o final do carnaval, titulado: “La Cuaresma”, que transcribo:

“Con alegre carnaval
empezaba la semana;
más la tétrica campana
ha mudado ya de son.
Kirie eleyson, Christe eleyson.

Con ayunos y abstinencias,
y de bulas una resma,
se presenta la cuaresma
más larga que procesión.
Kirie eleyson, Christe eleyson.

Todo calla y enmudece,
y el silencio de la gente
se interrumpe solamente
de la campana al dindón.
Kirie eleyson, Christe eleyson.

Ya con sendos abadejos,
para acallar se conciencia,
hacen todos penitencia,
y los frailes con salmón.
Kirie eleyson, Christe eleyson.

Cesan ya las diversiones
públicas y toleradas;
solamente las privadas
suelen tener ocasión.
Kirie eleyson, Christe eleyson.

Don Juan se va al Miserere,
y su esposa la Currita
con don Melifluo solita
se queda en contemplación.
Kirie eleyson, Christe eleyson.

En la tertulia de Anselmo
callan violín y piano;
por no hacer ruido liviano,
se toca sólo el bordón.
Kirie eleyson, Christe eleyson.

No cita ya la Pepita
a don Narciso en el Prado;
que como es tiempo sagrado,
se buscan en el sermón.
Kirie eleyson, Christe eleyson.

Juana, la del cuarto bajo,
se encuentra siempre ocupada
que en la cuaresma sagrada
es grande la devoción.
Kirie eleyson, Christe eleyson.

La concurrencia en la iglesia
ofrece a la industria vuelos;
la comisión de pañuelos
va detrás de la misión.
Kirie eleyson, Christe eleyson.

Los lechuguinos en grupo,
al salir de misereres
a las devotas mujeres
dirigen la tentación.
Kirie eleyson, Christe eleyson.

En este mes todos callan,
ninguno a pecar se atreve;
mas por milagro a los nueve
se aumenta la población.
Kirie eleyson, Christe elyson.

Hombre hay cristiano maduro
que nunca perdió una misa
que se da a pecar gran prisa
para ir por la absolución.
Kirie eleyson, Christe eleyson”.

Este poema desvela comportamentos hipócritas do que se facía nos carnavales de salón e na coresma, entre confesionario e sermón. Liberación e alienación contrapostas en dous roles de comportamento e ritual do que representa o carnaval, con seus excesos frenéticos e dando impulso ao que se reprimía. A coresma simplifica toda esa carga de hipocrisía e ocultación sinistra, ofendendo á intelixencia. A crítica de Ramón de Mesonero Romanos está profundamente argumentada ante a situación daquel convulso principio de século XIX, procurando levarnos a hipotéticos escenarios do que acontecía en España polas calendas de Entroido.

Na Ribeira Sacra chantadesa déronse varias escenas de Entroido, todas elas caracterizadas nun ambiente de pesada vida de labor, entre socalcos de viñedos nese Cabo do Mundo chantadés, onde se asenta a parroquia de Santa María de Nogueira de Miño, cuns parámetros moi especiais no que reflexa a antropoloxía, etnoloxía, arquitectura, lendas e tradicións, un bocado afastadas do que se contempla no resto. Así non é difícil comprender o contexto en que o Entroido ribeirao de Nogueira e Santiago Darriba, connotado en varios perfiles, como na indumentaria tan exaltadora que levan os mecos e peliqueiros, cimbrando campaíñas para escorrentar os malos agoiros dos señores rendeiros e aforados deste longa ribeira esnaquizada por malos usos e abusos.

A transcendencia destas manifestacións do Entroido ribeirao chantadés, proclama un enorme peso inherente que emerxe do inconsciente, e relativizando certos pormenores sempre xurde a crítica contra un estado de cousas, pola maneira de reproducilas neses ademáns furiosos e inducidos por un tempero de liberdade expresiva e asumida pola identidade colectiva e manifestada nesas máscaras e vestidos de escarnio e maldicir, resolvendo así moitos matices vivenciais que só os do espazo xeográfico poden captar a mensaxe e a alegoría desa trama.

O Entroido nas terras de Chantada está cheo de metáforas sociais, que transcenden do medio como referente dunha crítica que se dá nas parodias e nos movementos dos actuantes. Hai unha estética vital de recursos ancestrais que configuran cada un dos procesos, moitos deles están a expensas do esporádico.

Nesas dúas parroquias limítrofes das que vimos falando, sempre hai a teima do valor engadido conque os veciños proclaman o seu e dubidan que o Entroido do outro sexa mellor. No enclave de Nogueira de Miño e Santiago Darriba xurdiu desde fai algúns decenios, o Entroido de Vilauxe, unha parroquia solvente que arranca con forza e con atractivos espectáculos, cuxas raíces proceden, talvez, do limítrofe herdo do Entroido ribeirao.

Parroquias como Sabadelle, mantivo na miña infancia a súa festa de Martes de Entroido, con banda de música, dando animación a unha das festas de inverno mais concorridas de Chantada. Nesta festa de Sabadelle que se facía ao redor da capela de Santa Rosa, algúns dos veciños escenificaban parodias xa moi diluídas dun Entroido xa lonxincuo e esquecido que, anos hai, chegou a súa fin.

Pero non só nas terras de Chantada se manteñen vivas as esencias tradicionais do Entroido da Ribeira Sacra. No concello limítrofe do Saviñao, hai unha fonda e expresiva tradición dun longo ritual de fantasías extremas, fundamentadas nas querenzas dun legado tradicional sempre continuado na contundencia da liberdade colectiva. A miña mai era dunha das parroquias do Miño ribeirao dese municipio, Segán, onde me contaba as vivencias do Entroido da súa infancia, a principios do século XX, de todo un convivio envolvente e participativo, mestura de inxenuidade e sabenza popular. Unha festa laica, liberadora (non libertina), con fluxos pagáns e con credenciais de non admitir mística confesional.
Compartir

Presentación libro do manierismo en Sober.

a ìntura manierrista en solbar

camilo gomez torres
De rebeldías, Soños e irmandades

coloquio homenaxe xose lois garcia
Libro Coloquio-Homenaxe

polas diversas xeografias da lusofonia 210x315
Polas diversas xeografías da Lusofonía

pinturas renacentistas 210x315
As pinturas renacentistas de Santa María de Pesqueiras