As pinturas da igrexa de Nogueira de Miño - 26/11/2012
Opinión - logo gd 2

Xosé Lois García

RESTAURACIÓN DAS PINTURAS RENACENTISTAS DA IGREXA DE NOGUEIRA DE MIÑO

nogueira de miñoParecía un proxecto frustrado, o que se tiña perfilado sobre as pinturas renacentistas da igrexa románica de Santa María de Nogueira de Miño, nos confíns das longas ribeiras de Chantada. Os paneis que cubrían os frescos, anunciaban un restauro próximo, mais co paso do tempo, un tiña a impresión que o proxecto administrativo había que dalo por rematado. Mais as administracións sempre teñen ese apelo ao resentimento de non facer as cousas ben, en seus imprevistos. Mais agora puxéronse maos á obra.

Alertoume Antonio Vázquez Porto, ese vello amigo de Nogueira, que ademais de facer honor os viñateiros antergos, conserva o bo facer dese viño que sempre aleda ao visitante e contenta ao corazón como ben sabía dicir o salmista. Pero o Antonio tamén coida da igrexa e fálanos dos seus portentos románicos, e el ben a ser un guía singular que a todos dá contentamento. Tamén estaba D. Angel, o párroco de Nogueira e outros visitantes. Ninguén puxo caras lerchas a ver as estadas ao longo da nave norte, todos sorrimos a ver que as tres restauradoras estaban descubrindo, desa espesa cal, robustas pernas de resucitados e aos anxos da
Apocalipse facendo sonar trompeta. E xa no muro sur do presbiterio, o prendemento de Xesús polos fariseos, o bico de Xudas e San Pedro cun enorme coitelo co que lle tallou a orella a Malco. Toda unha narración que aparece nos catro Evanxeos. Ou as tres Marías que levan ungüentos á tumba de Xesús.

Nogueira, ademais do excelente románico que ostenta, no que celebramos aos antigos mestres de canteiros e exemplo de arquitectos e, tamén, de singulares símbolos onde a iconografía dos capiteis e das cornixas atraen aos mais variados e exquisitos estudiosos da semiótica que, sen dúbida, atoparan na igrexa románica de Nogueira un dos mellores exemplares deste estilo. Ademais da descuberta e da restauración das pinturas, despois das análise realizadas polas tres donas conservadoras do grupo “CREA” (Conservación Restauración Estudios Arte), xa cun avanzado proxecto técnico de restauración das pinturas murais, o templo de Nogueira virá a ser, con xustiza, un enorme museo no que conforma a construcción románica, os murais catalogados como renacentistas (mais os elementos antropomórficos están na liña do gótico flamenco tardío, por esas expresións tétricas, Os rostros renacentistas son mais serenos que os que se mostran en Nogueira de Miño), pola riqueza dos retablos platerescos e da calidade das imaxes do renacemento, barroco e neoclásico.

Unha apaixonada noticia ben a confortarnos a moitos, dado que a depredación das humidades, do fume das candeas e do silencio administrativo. Mais a inversión que se faga nesta restauración virá a ter excelentes resultados do que moitos xa dábamos perdido.

Presentación libro do manierismo en Sober.

a ìntura manierrista en solbar

camilo gomez torres
De rebeldías, Soños e irmandades

coloquio homenaxe xose lois garcia
Libro Coloquio-Homenaxe

polas diversas xeografias da lusofonia 210x315
Polas diversas xeografías da Lusofonía

pinturas renacentistas 210x315
As pinturas renacentistas de Santa María de Pesqueiras