A unidade nacionalista como tarefa - 16 Novembro 2013
logo nosjpg

O nacionalismo galego actual está nutrido dunha tradición histórica que culminou diversos procesos, nos que contemplamos esa veracidade de rescatar e liberar país, desde o chamado Provincialismo do século XIX até a actualidade. Nestes procesos de vida propia nacionalista atopamos a diversos ideólogos, moitos deles nutridos nas discrepancias de clase, pero que souberon tocar fondo na realidade dos problemas concretos de Galiza, sobre todo, nos sociais e económicos.

O nacionalismo galego actual está nutrido dunha tradición histórica que culminou diversos procesos, nos que contemplamos esa veracidade de rescatar e liberar país, desde o chamado Provincialismo do século XIX até a actualidade. Nestes procesos de vida propia nacionalista atopamos a diversos ideólogos, moitos deles nutridos nas discrepancias de clase, pero que souberon tocar fondo na realidade dos problemas concretos de Galiza, sobre todo, nos sociais e económicos. A ideoloxía, pois, como base organizativa dunha política virada cara o rescate dun país en descomposición e cunha cidadanía non politizada e conducida por todo un caciquismo xerárquico, dependente do Estado centralista: estrangulador dos intereses da clase traballadora e da conciencia de país. Fronte a esta irracionalidade colonial, o nacionalismo xurdiu como imperativo de frear un sistema oligárquico, disfrazado de demócrata e cargado dun pernicioso liberalismo burgués.

Así o peso histórico da ideoloxía nacionalista, en seus diversos esquemas e comportamentos, foi alleo a argumentacións plebeas e burguesas que se deron en Euskadi e Cataluña. O noso nacionalismo aínda que minoritario, nas capas sociais do país, tivo e ten un carácter popular que grazas a esa ideoloxía evolucionou e acaparou maiores cotas de presencia en diversos escenarios reivindicativos e conflictos laborais. Por tanto, a prospección existencial do noso pobo, en tódalas súas ecuacións metafísicas, desde o lado nacionalista, precisa agora de ser explicada con contundencia. Aínda que pareza redundante mencionalo, o pobo galego é o titular lexítimo da nosa nación. Mais qué pobo? Non é igual o que nos ilumina con certezas e sufre afrontas e marxinacións, que o das elites que fan de intermediarias cos poderes que asoballan a nación das clases traballadoras.

"Á unidade nacionalista non se lle debe pór prezo nin afastala con atrancos e prepotencias personalistas, nen con verdades absolutas de salvadores oportunistas".

No transcurso do tempo, a ideoloxía nacionalista computou as lexitimacións de variados compoñentes do corpo nacional, onde Galiza ten ese discreto respiro, no que se comprenden as fontes orixinais e creativas de tódolos nosos atributos identitarios. Neste contexto, o noso nacionalismo mais actualizado non desbotou esquemas da loita de clases e do movemento proletario. A solidariedade foi unha constante na determinación nacionalista ligada non só a un plano teórico, senón tamén en fomentar unha presencia cualitativa e cuantitativa nas diversas xeografías galegas. Nesta dirección pode que moitos vexan variadas versións do nacionalismo orixinario que disipan o avance e a calidade dunha ideoloxía que confirme canles e lexitimacións para construír un novo mosaico, onde as diversas correntes nacionalistas fáganse entender para que a nosa vía nacionalista teña continuidade de proxección. Neste aspecto todos deben ter cabida a non ser ese “nacionalismo” tramposo e reaccionario, disfrazado de moitos parabéns, mais que falsea o nacionalismo empírico e de profunda inspiración anticolonial.

Á unidade nacionalista non se lle debe pór prezo nin afastala con atrancos e prepotencias personalistas, nen con verdades absolutas de salvadores oportunistas. Neste sentido, hai outras esixencias e prioridades que deben confirmar un achegamento urxente e non precipitado; polo menos de principios básicos para configurar unha política nacionalista que sirva como vehículo para frear tódalas políticas reaccionarias que está executando o sistema colonial desde Madrid, por medio de seus acólitos da Xunta. A unidade nacionalista é unha esixencia que marca un tempo e unha realidade.

camilo gomez torres
De rebeldías, Soños e irmandades

coloquio homenaxe xose lois garcia
Libro Coloquio-Homenaxe

polas diversas xeografias da lusofonia 210x315
Polas diversas xeografías da Lusofonía

pinturas renacentistas 210x315
As pinturas renacentistas de Santa María de Pesqueiras