2013, principio dun final sen proxectos - 01/01/2013
ECOS DA BERENGUELA -xornal

Xosé Lois García

Todos os alardes do presidente do goberno, Sr. Rajoy fan pensar á maioría da sociedade do Estado español que a grande mentira está servida. Despois dun ano de tamañas decepcións, sen que o goberno dea pasos firmes sobre os diversos problemas que ten o país e, sobre todo, á luz dos acontecementos mais agresivos que están realizando en sanidade, ensino, xustiza, emprego etc. E dicir, non hai ningún ministerio que se libre de por barreiras a unha sociedade fulminada por problemas existenciais e baixo a gadoupa dos decretos impostos.

Todo isto acelera a desorde dunha maneira contundente, na que a mentira e o ocultismo culminan o escándalo do desgoberno. Escudarse no “herdo adquirido”, despois dun ano de entelequias morbosas, fai pensar a todos que o triturador rodete manifesta a grande mentira electoralista e dun programa, pragmático e involucionista, en favor dun conservadorismo e dun favoritismo de clase.

Nesta escura realidade prevaleceremos no ano de 2013, para quen desgoberna chamaralle “ano de graza” ou “ano do Señor”, como era de uso nos antigos documentos de Estado. Por tanto, nunca había ano malo nin se xustificaba de que o houbese. Para economistas e sociólogos, o ascenso do paro e da pobreza, previsíbel a que se produza en 2013, este ano que encetamos será un annus horribilis. Datos científicos e non escurantistas do goberno así o predicen.

Fronte á inquedanza da sociedade pola perda de incentivos e de valores sociais que se están desmontando desde todas as nomenclaturas do poder económico, temos un goberno que continúa nas súas convulsas galimatías dunha maneira na que xa non se enmascara a peor cara do franquismo.

Fronte á anguria dunha sociedade acusada polos desafiuzamentos, as “Preferentes”, ese mal uso e abuso que o goberno tolera ás entidades bancarias, a sociedade ten que darlle saídas contundentes, alén do que se manifesta verbalmente.

Fronte ao temor de vindeiros decretos aniquiladores do benestar, a sociedade non se pode amedrentar e menos inmolar en situacións tan desesperantes como a que nos trae unha crise que o goberno de Zapatero non soubo prever e o de Rajoy non ten intención de controlar. Canto mais pobre sexa un, mais rico será quen ten mais poder.

Fronte a resignación social e a perda dunha ética contestataria convén entrar nun terreo crítico que estimule a emerxencia dunha sociedade compacta fronte a prácticas ditatoriais, encubertas nas democracias burguesas, onde aflora o antigo réxime e invócanse constitucións feitas á medida de seus intereses. Resignarse equivale a perder a única forza que os desposuídos temos, ante quen nos acosa e nos oprime.

Fronte a impaciencia dos que sofren e de dan golpes en falso, debe imporse o pragmatismo dos simples dunha maneira modélica, para verificar cada unha das palabras e dos xestos de quen defende a un e sabendo, en todo momento, quen é o adversario potencial e quen trata de dividirnos e espoliarnos.

Fronte a todas estas adversidades está a esperanza invulnerábel dos que procuran a verdade e a dignificación das persoas que pasa pola concienciación, en cada momento e en cada significado das prioridades que se precisan executar. Ante tanta desfeita, a esperanza condénsase no exercicio da palabra e da pisada certa polas rúas e polos foros de opinión, onde a verdade dos simples predomine e intensifique convivio e redención social.

A recesión económica predomina neste 2013. Todas as experiencia adversas que nos traia este ano, ten que servirnos para descubrir os ocos e os furados que os corruptos tratan de ocultarnos. Nesta gravidade económica e de tantos asuntos debemos realizar con crítica este novo ano. Ou ben a maneira do poeta brasileiro, Carlos Drummond de Andrade, neste seu poema:

Receita de Ano Novo

Para você ganhar belíssimo Ano Novo
cor do arco-íris, ou da cor da sua paz,
Ano Novo sem comparação com todo o tempo já vivido
(mal vivido talvez ou sem sentido)
para você ganhar um ano
não apenas pintado de novo, remendado às carreiras,
mas novo nas sementinhas do vir-a-ser;
novo
até no coração das coisas menos percebidas
(a começar pelo seu interior)
novo, espontâneo, que de tão perfeito nem se nota,
mas com ele se come, se passeia,
se ama, se compreende, se trabalha,
você não precisa beber champanha ou qualquer outra birita,
não precisa expedir nem receber mensagens
(planta recebe mensagens?
passa telegramas?)
Não precisa
fazer lista de boas intenções
para arquivá-las na gaveta.
Não precisa chorar arrependido
pelas besteiras consumadas
nem parvamente acreditar
que por decreto de esperança
a partir de janeiro as coisas mudem
e seja tudo claridade, recompensa,
justiça entre os homens e as nações,
liberdade com cheiro e gosto de pão matinal,
direitos respeitados, começando
pelo direito augusto de viver.

Para ganhar um Ano Novo
que mereça este nome,
você, meu caro, tem de merecê-lo,
tem de fazê-lo novo, eu sei que não é fácil,
mas tente, experimente, consciente.
É dentro de você que o Ano Novo
cochila e espera desde sempre”.

camilo gomez torres
De rebeldías, Soños e irmandades

coloquio homenaxe xose lois garcia
Libro Coloquio-Homenaxe

polas diversas xeografias da lusofonia 210x315
Polas diversas xeografías da Lusofonía

pinturas renacentistas 210x315
As pinturas renacentistas de Santa María de Pesqueiras