José Luis Sampedro - 16/04/2013
ECOS DA BERENGUELA - xornal

Xosé Lois García

Pode que a morte nos mostre o seu lado mais metafórico, sobre os vivos útiles e os pérfidos, como José Luis Sampedro e Margaret Thatcher, respectivamente. Dúas persoas entre si ben opostas no que concibimos da realidade social de hoxe. Mais a morte fixo coincidir o pasamento dos dous no mesmo día. Esta coincidencia abriu a constatación dun debate dualista para esclarecer ou amolar aos que só lamentaban o lado bo de Thatcher; os grandes capitalistas, banqueiros, liberais, sempre  co pensamento  aberto para apreixar vítimas fáciles. Tanto os corruptos como  os políticos que tiveron á Thatcher como a excelente loba depredadora que lle deu vantaxes a toda esta ralea de globalizadores e que eles coidan que derrotaron aos débiles, aos parias, aos marxinados, aos que lle negan o pan, a palabra e a decencia mais mínima. Outra maneira de asasinar sen metralla. Os díscípulos, acólitos e epígonos da férrea señora tory a que puxo en marcha a súa revolución mais reaccionaria, perfectamente integrista, aportando unha deshumanizada explotación das clases proletarias e medias. A que patentou os novos sátrapas do capital, nesa vocación indigna dun desorde no que está sumida a clase de desposuídos do mundo.

Mais a coincidencia do falecemento de Sampedro e Thatcher, o mesmo día, pode significar como algo premonitorio sobre dous persoeiros históricos e contrapostos en tódolos indicativos da loita de clases. José Luis Sampedro foi o humanista que cruzou tódolos paralelos das comprensións para ubicarse cos mais débiles e desprotexidos. A acción como parámetro de autodefensa fronte as agresións do capital e de tódolos aparellos que o defenden. Mais o pensamento de Sampedro lévanos a varias metafísicas que presiden ese atino de protesta e de loita para acceder a unha serie de niveis de conciencia sobre a realidade actual. A protesta e a firmeza non son pseudónimo de violencia, no ideario de Sampedro. A forza e a violencia a exercen os que nos explotan e, quizais, maior violencia sexa a que se exerce con esa sutileza de engano e con todos os elementos de alienar e castrar a quen é crítico co sistema.

José Luis Sampedro optou pola subversión dos oprimidos en diversos espazos da loita e da dialéctica de clases. A súa opción non era política, como entendemos hoxe a política que realizan escuros mecenas que teñen como obxectivo burlarse dos máximos democráticos e envilecer o que sona a emancipación. Sampedro foi un pensador que tratou de revolucionar ás masas desposuídas e explotadas e non de corrixilas, como é habitual nos políticos que exercen partidismo e camuflan mensaxes que determinan alienación e suvordinación.

A Morte de José Luis Sampedro lévanos a esa reflexión de vida e de permanencia existencial. A súa maior dádiva que nos deixa é o seu legado: fiel a unha clase que soporta tódalas paranoias que proveñen dos poderes fácticos e de seu clientelismo. O seu convite é a de non ficar expectante, de manifestar a crúa realidade, destacando variados temarios que dan esperanza e credibilidade a un novo destino dos oprimidos. Dado que os opresores “Nos edúcan para ser súbditos y no para tener pensamiento propio”, como dixo nesa extraordinaria entrevista realizada por Jordi Évole. Que tamén forma parte de esa guía e orientación que precisamos desenvolver, partindo da súa palabra e da súa vocación de liberdade.

O azar da morte, de Sampedro e da Thatcher pode que nos alimente con esa diferenza de dous binomios contrapostos. Un exercendo a vida humilde, a defensa dos pobres e dos desherdados, desbotando o culto á persoa, até o punto que quixo que a súa morte non fose noticia até despois de ser sepultado. O enterro da Margaret Tahtcher, con todas as esquizofrenias de culto á persoa que están alentando seus seguidores, sabe o lector canto lle costa ao Reino Unino? Pois a escandalosa cifra de once millóns de euros, tal como se menciona nos medios de comunicación. A loita de clases evidencia nestas cifras quen potencia as crises para devora a plusvalía de quen a produce.

camilo gomez torres
De rebeldías, Soños e irmandades

coloquio homenaxe xose lois garcia
Libro Coloquio-Homenaxe

polas diversas xeografias da lusofonia 210x315
Polas diversas xeografías da Lusofonía

pinturas renacentistas 210x315
As pinturas renacentistas de Santa María de Pesqueiras