Homenaxe a Nicanor Rielo Carballo - 20/05/2013
Opinión - logo gd 2

Xosé Lois García

A Asociación de Amigos do Románico da Comarca de Chantada desexa que a persoa e a obra de Nicanor Rielo Carballo (1932-2000), non as blinde o nicanor rielo carballoesquecemento nin o silencio. Por isto e polo valor cívico e as súas pescudas que tivo nas terras de Carballedo e Chantada, descubríndonos ese tesouro de historia, de arte e de conceptos de vida da nosa labregancia, sempre testemuñando a súa fe cristián e descubríndonos os encantos mais precisos e amagados que ostenta o románico da Ribeira Sacra, da que Nicanor foi un incansábel e puntual divulgador do mesmo.

Esta Asociación considerou que Nicanor Rielo Carballo merece estar presente en Carballedo, para lembralo e para que nos motive abrir camiños aínda non andados. Exemplaridade nos deixou nese grandioso legado escrito en libros e centos de artigos publicados en diversos medios de comunicación. Unha personalidade tan activa e plural como a de Nicanor non a podemos deixar de lado, por múltiples motivos e, sobre todo, porque el aportou esa activa lección de tantas lecturas que fixo a través da nosa comarca. “Escolma de Carballedo” é un libro no que se harmoniza os temperos da idiosincrasia do concello de Carballedo. A sabedoría popular, en distintas ordes en que se distingue a creatividade dun pobo, e as mais fermosas expresións merecentes de destaque, como moi ben fixo Nicanor desde os Peares, onde foi un párroco exemplar durante moitos anos, evidentemente este modelo de comportarse e de traballar non se deben deixar de lado e menos esquecer.

Á fronte desta homenaxe está a citada Asociación que ten un amplo programa para o próximo 25 de maio que comezará ás 6,30 da tarde coa descuberta dun pedrón dedicado a Nicanor, diante da antiga Casa Consistorial en Castro de Carballedo, e cos seguintes conferenciantes: David Otero, Alfonso Blanco Torrado, Xulio Xiz e Xesús Mato, que versarán sobre diversos aspectos da vida e da presenza de Nicanor na comarca de Chantada e, en particular, sobre Carballedo. A estimábel presenza do grupo musical “Os Parentes” e de Mini e Mero, así como varios membros da Quenlla, tributaran honor e honra a un home que soubo custodiar os mellores oráculos e tesouros destas terras do sur da provincia de Lugo.

Nicanor foi ese crego achegado e presto na defensa humanista e nos valores da cultura galega; na participación cívica e sempre aberto a esclarecer a verdade. Esta grata noticia de homenaxe vai servir para que todos os “bos e xenerosos” cultiven a memoria dos que merecen ser honrados e permanecer na evocación de todos, como Nicanor Rielo Carballo.

camilo gomez torres
De rebeldías, Soños e irmandades

coloquio homenaxe xose lois garcia
Libro Coloquio-Homenaxe

polas diversas xeografias da lusofonia 210x315
Polas diversas xeografías da Lusofonía

pinturas renacentistas 210x315
As pinturas renacentistas de Santa María de Pesqueiras