En Santa María de Pesqueiras - 10/08/2013
Opinión - logo gd 2

Xosé Lois García

III ACTOS REIVINDICATIVOS
PARA SOLUCIONAR AS DEFICIENCIAS
DO MOSTEIRO DE SANTA MARÍA DE PESQUEIRAS

cartel 01A Asociación de Amigos do Románico da Comarca de Chantada, celebra o seu III acto anual e reivindicativo para dotar de accesos a este templo que desde 1969 quedou inactivo ao culto, pola edificación dun novo templo no centro da poboación de Pesqueiras. Este antigo mosteiro de freiras bentas e de estilo románico do século XII, declarado monumento nacional en 1950, vese agora desprotexido e con certos problemas conxunturais como son os accesos en mal estado que de ano en ano veñen a manifestar un mal estado que en ocasións non permite acceder a este espacio.

Outro dos puntos reivindicativo é a electrificación do templo, e isto faixe urxente despois da restauración das pinturas renacentistas que se concretan en tres murais sobre a Anunciación, a Resurrección e o Xuízo Final; unhas pinturas que xuntamente coa fábrica románica deixan de observalas moitas persoas, digamos mais de 1200 que non puideron ver tódolos seus pormenores por falta de luminosidade. Por tanto, é urxente a instalación de luz eléctrica para poder observar cada un dos detalles destas pinturas.

A terceira reivindicación é a instalación de sinalizacións, dado que as carencias das mesmas non posibilitan localizar este mosteiro e moitas persoas pérdense co auto polas ribeiras. Este punto é de alta sensibilidade que as institucións deben preocuparse por superar estas deficiencias.

Neste III acto reivindicativo estará presente a música a cargo do dúo vigués de arpa e zanfona, Mini e Mero, o Trícole; contará cun recital de poesía, a presentación do libro: “As Pinturas Renacentistas de Santa María de Pesqueiras” e dunha misa en galego. Esta Asociación emitirá un comunicado sobre as reivindicacións que está incidindo en puntuais problemáticas desde fai tres anos, co fin de que esta igrexa sen culto teña outras funcións de tipo cultural e relixioso, que permita rehabilitar actos que estean dentro do contexto e da idiosincrasia da mesma.

camilo gomez torres
De rebeldías, Soños e irmandades

coloquio homenaxe xose lois garcia
Libro Coloquio-Homenaxe

polas diversas xeografias da lusofonia 210x315
Polas diversas xeografías da Lusofonía

pinturas renacentistas 210x315
As pinturas renacentistas de Santa María de Pesqueiras