O municipalismo en Galiza, como enunciado - 11 Xuño 2015
logo nosjpg

É previsíbel e desexábel, que se cuestionen as abruptas maneiras de gobernar os municipios galegos baixo unha política viciosa e chafalleira desde 1979, ano en que se constituíron os concellos democráticos, moi pouco ten cambiado a maneira de xestionar un municipalismo equitativo e igualitario, con unha alternativa de prioridades cidadáns que superen a exclusión e os privilexios dese seleccionado grupo que dispón de non poucas accións en manter ese clientelismo, co fin de usufrutuar un poder ben singular e omnímodo que se dá con frecuencia nun amplo círculo de municipios do rural galego. 

É previsíbel e desexábel, que se cuestionen as abruptas maneiras de gobernar os municipios galegos baixo unha política viciosa e chafalleira desde 1979, ano en que se constituíron os concellos democráticos, moi pouco ten cambiado a maneira de xestionar un municipalismo equitativo e igualitario, con unha alternativa de prioridades cidadáns que superen a exclusión e os privilexios dese seleccionado grupo que dispón de non poucas accións en manter ese clientelismo, co fin de usufrutuar un poder ben singular e omnímodo que se dá con frecuencia nun amplo círculo de municipios do rural galego. 

"O mapa político do municipalismo rural creado nestas últimas eleccións, non modifica aqueles outros mapas electorais de antano"

Os que dominan e ostentan o poder municipal non tiveron vontade de que a cidadanía participase en temas que só a ela incúmbelle directamente xestionar, deixándoa en mao dunha burocracia esmagadora e caciquil, con coñecidos resultados de usurpación e corrupción.

Coa composición de novos gobernos municipais, este próximo domingo, veremos coalicións e consensos que anticipen cambios profundos na arte de gobernar os concellos galegos, sobre todo nos centros urbanos e nas capitais de provincia, con algunha excepción. Mais o mapa político do municipalismo rural creado nestas últimas eleccións, non modifica aqueles outros mapas electorais de antano, aínda que aparentemente vexamos certas mobilidades de voto pero non a necesaria para que esa masa de votantes cambie de elección, en función do que cada corporación xestiona mal. Isto aínda non se dá como preferencia dos votantes dun rural cada vez mais descabezado demograficamente e acondicionado a tantos intereses maniqueos e urdidos desde ese poder caciquil.

Destas últimas eleccións detectamos un enunciado clarificador sobre o rumbo do que pode suceder de inmediato no panorama electoral galego. As plataformas, as mareas e as accións cidadáns son un indicativo de cambio e que transcenden alén das consabidas políticas de vello formato, sustentadas pola particularidade exclusiva dun bipartidismo egocentrista que marcou as directrices cara a decapitación dun municipalismo democrático e asociativo. Mais esta particularidade tivo cómplices neses outros partidos acólitos que aínda que criticaron as xestións dos outros non deixaron de imitar os seus comportamentos totalitarios. As alertas de cambio sinalan estas nefastas adherencias ao pasado, agora toca modificar e procurar recursos que nos unan desde o nacionalismo de esquerda e aglutinar outras forzas comunais en clave galega.

"O nacionalismo galego (desde as súas diversas particularidades) aínda ten moito que dicir, sempre que sexa cun discurso valente e innovador para sobrevivir aos eventos políticos actuais, pero tamén está obrigado a entenderse e converxer con outras forzas"

O nacionalismo galego (desde as súas diversas particularidades) aínda ten moito que dicir, sempre que sexa cun discurso valente e innovador para sobrevivir aos eventos políticos actuais, pero tamén está obrigado a entenderse e converxer con outras forzas, en cuxo ámbito se defendan intereses xerais e existenciais. Nestas eleccións municipais o electorado deu avisos moi serios ao nacionalismo en clave da súa desfeita. É verdade que nos debemos sustentar en todo respiro democrático aínda que sabemos que hai renuncias imposíbeis desde a nosa obxectividade nacionalista. 

Pero hai modelos de actuación e dirixismo que se deben cambiar con certa urxencia e tomar outras resolucións menos corporativistas, que tantas veces nos parecen guetos, esa exhibición de carné ou dicir, levo militando moreas de anos, son frases que a ninguén intimidan nin conmoven. Todo ben, pero se es incapaz de suxerir atracción polo que fas e dis, e segues sen adaptarte ao tempo e ao espazo en que te realizas será nefasto para ti e para a túa organización. Claro, así: os odres vellos non sustentan o viño novo.

Se non comprendemos as novidades políticas dos novos tempos e non nos despoxamos dos xa caducos, estaremos incidindo en ficar obsoletos. Camões, nun dos seus sonetos mais célebres, suxeriunos esta primicia: 

Mudam-se os tempos, mudam-se as vontades,
Muda-se o ser, muda-se a confiança;
Todo o mundo é composto de mudança,
Tomando sempre novas qualidades.

Conveñen moitos e apropiados matices para configurar e incidir nun enorme labor de cambio que hai que realizar desde os concellos, abrindo un amplo ventallo de participación e debate, con políticas progresistas para que as novas ideas teñan un protagonismo e se concreten nas diversas problemáticas que contemplamos en Galiza desde as institucións municipais. A estas alturas todo é preciso menos a intolerábel mediocridade.

camilo gomez torres
De rebeldías, Soños e irmandades

coloquio homenaxe xose lois garcia
Libro Coloquio-Homenaxe

polas diversas xeografias da lusofonia 210x315
Polas diversas xeografías da Lusofonía

pinturas renacentistas 210x315
As pinturas renacentistas de Santa María de Pesqueiras