Cervantes e o VII Conde de Lemos - 28/12/2015
Opinión - logo gd 2

Xosé Lois García

D. Pedro Fernández de Castro, VII Conde de Lemos, tivo unha sobresaínte importancia no século XVII, por ser un dos mecenas mais esclarecidos que potenciou o “Siglo de Oro” español, contribuíndo en apoios aos grandes vultos da escrita no idioma de Nebrija. Miguel de Cervantes Saavedra foi o mais cervantes 1afortunado polo considerábel apoio que tivo do Conde de Lemos. Un home ilustrado e de profunda convicción renacentista, no eido da literatura como no das artes. “Caballero muy cuerdo, aunque mozo”, na evocación de Cabrera e, tamén, na de Quevedo: “Viva Vuestra Excelencia para honra de Nuestra Edad”. Ou a do seu secretario, Lope de Vega: “Yo, que tantas veces a sus pies, cual perro fiel, he dormido”. Sobresaíntes epítetos recibiu o Conde de Lemos, polas dádivas que doou a excelsos escritores, posibilitándolles subvencións para publicar varias das súas obras.

Son curiosos os requintados agradecementos, de aparente submisión e con excesos de fidelidade, de can agradecido, como vemos na mención de Lope. Estes formalismos tiñan cabida naquel burocratizado e protocolario século XVII. Hoxe pode estrañarnos, evidentemente, porque os escritores están noutro rol de intereses ben diferentes aos de fai catrocentos anos. Os daquel tempo buscaban no poder a seus grandes protagonistas como protectores. Ademais de ter poder económico e político tiñan cultura e singular aprecio pola boa literatura, como é o caso de D. Pedro Fernández de Castro. Ademais do seu manifestado poder tiña influencia para encomendar a obra de uns e deostar a de outros, como aconteceu coa poética de Góngora, que nun principio non percibiu axuda do Conde de Lemos. O poeta andaluz dedicoulle ao de Lemos e ao Duque de Feria un soneto, do que transcribimos a primeira estrofa: “El conde, mi señor, se fue a Nápoles, / el duque, mi señor, se fue a Francia; / príncipes, buen viaje, que este día / pesadumbre daré a unos caracoles”. Parece que mais tarde, Pedro Fernández de Castro, corrixiu seu non dar, e na obra de Góngora apareceron varios sonetos dedicados ao grande condestábel.

Mais Miguel de Cervantes foi o gran beneficiado, por parte do filántropo Conde de Lemos, que recibiu prebendas e privilexios para publicar catro das súas obras. Sabido é que a segunda parte do Quixote está dedicado a Pedro Fernández de Castro. Seguro que esa dedicatoria débese a que o condestábel sufragou a mencionada edición. A longa, entusiasta e agradecida dedicatoria a asignou en Madrid, a últimos de outubro de 1615. Mais non todos saben que Cervantes recibiu outras axudas do VII Conde de Lemos, polo que detectamos noutras tres dedicatorias mais, sabemos que antes de publicarse a segunda parte de Don Quixote, dedica toda unha colección da titulada: “Novelas ejemplares” que asignou en Madrid, o catorce de xullo de 1613. Que por orde de data é a primeira que lle dedica ao Conde de Lemos. No referido 1615, ano prodixioso polos agradecementos que recibe o nobre galego por parte de Cervantes, este dedícalle a Fernández de Castro, as seguintes obras: “Ocho Comedias. Y Ocho Entremeses Nuevos, Nunca representados. Compuestas por Miguel de Cervantes Saavedra, Dirigidas a Don Pedro Fernández de Castro, Conde de Lemos, de Andrade, de Villalva, Marqués de Sarria”, etc, etc. Estas comedias e entremeses, existen dous orixinais -que se saiba- un na Biblioteca Nacional de Madrid e outro no Institut del Teatre de Barcelona, tal como me informou a amiga e antiga bibliotecaria e arquivista do dito Institut, a galega, Ana Vázquez Estévez.

cervantes 2A última das obras que Cervantes dedica ao Conde de Lemos son “Los trabajos de Persiles y Segismunda”, datados o dezanove de abril de 1616, catro días antes do pasamento de Cervantes. Posiblemente fosen as últimas letras que el escribiu, ademais con unha emotividade tremenda por ser consciente de que a morte o chamaba e convertelo en inmortal. Nesa dedicatoria, maniféstalle a seu protector: “Ayer me dieron la extremaunción, y hoy escribo ésta; el tiempo es breve, las ansias crecen, las esperanzas menguan, y, con todo esto, llevo la vida sobre el deseo que tengo de vivir, y quisiera yo ponerle coto hasta besar los pies de vuesa excelencia: que podría ser fuese tanto el contento de ver a vuestra excelencia bueno en España, que me volviese a dar la vida”. Nas catro dedicatorias, o escritor remata con esta enfática despedida: “Criado de vuestra excelencia”.

Insistiremos no rango de influencia que tiña este persoeiro en Galiza, desde o seu sedentario e temporal feudo centralizado en Monforte; o sobresaínte poder que manifestou na corte de Felipe III en Madrid, e como Vicerrei de Nápoles, onde tivo un papel moi importante tanto nas letras como nas artes. Gran coleccionista das mais severas e rigorosas expresións artísticas do renacemento italiano, que se custodia no museo das Clarisas de Monforte, creado pola súa viúva, Catalina de la Cerda y Sandoval, que vén a ser unha das coleccións mais interesantes que se gardan en Galiza. Este Conde, alén de gardar soberano culto ás letras e ás artes foi autor de varias pezas de teatro, etc. Un nobre de enorme preponderancia entre a nobreza residente na corte de Felipe III, non só polo seu poder de Grande de España, senón tamén pola gran pompa que exhibía na súa nutrida caravana e impetuosa comitiva que impoñía atracción e respecto tanta suntuosidade, polas rúas de Madrid e de Nápoles.

Tanta ornamentación era moi típica e afín á familia dos condes de Lemos. Fray José de Sigüenza, cronista do Escorial e conselleiro áulico de Felipe II, menciona que os sentinelas do pazo do Escorial, cando avistaban no lonxincuo horizonte unha enorme caravana de carruaxes, pendóns alzados e ingrata poeira que as ferraduras dos cabalos levantaban, os gardas conviñan en alertar, con voz en berro: “Su majestad imperial, EL Rey se acerca!” De pronto comprobaban que os pendóns e estandartes da comitiva levaban os brasóns da Casa de Lemos. Logo os gardiáns comprobaban que non era o rei senón o cardeal Rodrigo de Castro -tío do VII Conde de Lemos- gran inquisidor e acusador do cardeal Carranza. O que nos di Sigüenza, aclara moito ben o maxestoso séquito nobiliario e o grande requinte con que adornaban o gran poder que tiñan os Lemos na corte de Felipe II e Felipe III.

Monforte ten o deber en demandar honores de celebración por estas dedicatorias que Cervantes ofreceu ao VII Conde de Lemos. 1615 representa o ben común en favor da excelsa literatura, pola edición da segunda parte de Don Quixote, das oito comedias e dos oito entremeses que Cervantes ofreceu, en agradecemento polos gratificantes aportes que o Conde beneficiou ao escritor. Sen esquecer as obras que lle dedicou en 1613 e 1616. Monforte de Lemos celebrou esta data a seu xeito -como debe ser- e xa ninguén está no gume da navalla.

Presentación libro do manierismo en Sober.

a ìntura manierrista en solbar

camilo gomez torres
De rebeldías, Soños e irmandades

coloquio homenaxe xose lois garcia
Libro Coloquio-Homenaxe

polas diversas xeografias da lusofonia 210x315
Polas diversas xeografías da Lusofonía

pinturas renacentistas 210x315
As pinturas renacentistas de Santa María de Pesqueiras