Crónica dunha viaxe a Gres, con Lito Seara (I) - 03/05/2016
Opinión - logo gd 2

Xosé Lois García

Coñecín a Lito Seara nunha desas grandes librarías que hai na Avda Ribadavia de Bos Aires. Preguntei polo libro de Jorge Luis Borges: “Qué es el budismo”, e unha das dependentes non atinou del e buscou recursos nun dos seus compañeiros, ao berro de Lito e mais Lito. Até que Lito apareceu agres 1con súas guedellas longas e negras, patillas e bigote, cunhas calzas amplas e a cadros, pareceume un gaucho fuxido das tórridas planicies do Chaco arxentino. Mais non, resultou que era neto de galegos naturais de Bande. O lince deu co libro que procuraba e ademais deume unha boa dose de falar do seu avó que fora director de banda, no seu pobo natal. Fuxindo da guerra civil chegou a Portugal e mais tarde navegou a Arxentina, sendo aceptado como músico de clarinete na Banda Sinfónica de Bos Aires. Segundo el, o seu avó foi un célebre clarinetista que os xornais da época daban boa nota da súa arte sonora. Se Lito o di, eu llo creo. Durante a miña estadía en Bos Aires, tomamos o noso café no Tortoni e asentamos tertulia, onde hai varios camareiros de orixe galega. En definitiva, que somos bos amigos.

Non hai moitas semanas que Lito chamoume para dicirme que estaba en Bande e que quería visitar Gres, dado que el foi amigo e bo lector de Pepe Neira Vilas. Quedamos de vernos en Lalín, diante do campo de fútbol, e alí chegou no seu auto, un Rover 21 1.6 Clasic, que tiña alugado en Vigo. Botamos uns dez minutos a discutindo por levar o coche de cada un. Eu fun teimoso en tentar levar o meu, mais non valeu. Do Lito teño unha experiencia tremenda, daquelas que me levou do hotel ao aeroporto de Ezeiza, por aquel vial acadou a velocidade de douscentos quilómetros hora. Naquelas circunstancias pensei mais no cemiterio da Chacarita que do aeroporto. Mais desta vez foi mais moderado.

Así chegamos a Gres, estacionamos diante da casa do Balbino, residencia e Fundación Xosé Neira Vilas. Estaba pechada, mais coas lembranzas ergueitas do que significa o escritor de Gres para todos os galegos. Lito, ante esa paisaxe enmarcada no río Ulla, fronte a casa e a igrexa optou pelo silencio e mesmo por mobilizar a súa cámara fotográfica. Así nos achegamos a tumba de Pepe e Anisia, lamentando non ter flores para unha mínima ofrenda, collemos unhas ramas verdes de sabugueiro e as depositamos naquel memorial de mármore gris. E fomos até a inmediata Ponteledesma, pasamos aos encantadores e lúdicos illotes que o Ulla deseñou nun dos maiores encantos fluviais de Galiza, que ofrece Gres. Paseamos por esas insuas, cruzamos esas pontes de madeira, o río ofrecía a súa sorpresa nesas fervenzas cantoras e encantadoras. Nunca pensaches nos respiros potenciais dun río groso e escorredoiro que emite tantos significados que pode que impacten e aniñen no teu sentimento? Espeteille a Lito. Mais el estaba vorazmente mastigando esas grandezas naturais á beira dun río partillado en canles que forneceu a formación destas minúsculas illas, con todo ese potencial que nos pon o selo da identidade galega; a marca memorial do marabilloso que emite tanta elocuencia como é o río Ulla, que non agride ás retinas e aos tímpanos, senón que os recrea en vistas espectaculares e sons inauditos. Que mágoa que Henry David Thoreau non coñecera este lugar para escribir outro marabilloso libro de viaxe como o inimitábel “Walden”. Mais o Lito estaba envolto na plenitude dun espazo enteiro e, mesmo, melindroso. O seu silencio tiña unha inercia conmovedora. Só se sentían os continuos renxeres da súa cámara fotográfica. Tal vez el exerceu de furtador de algo propio que lle pertencían e que seus xenes galegos o delataban.

agres 2E daqueles illotes, pontillóns, amieiros, monólitos lembrando persoeiros que amaron o propio, saímos cara a Ponteledesma, con eses arcos medievais que semellan a ollos sorprendentes que talvez sorprenderon aos que ían por ese camiño real de Compostela a Ourense. A Lito o vin como unha ánima mergullada en tódolos paraísos redencionais posíbeis, medio perdido e medio reencontrado. Cando veu en si do seu éxtase naturalista e con ollos luminosos, díxome: “Boludo, me has traído a un lugar mágico y conmovedor. No diré más”.

Presentación libro do manierismo en Sober.

a ìntura manierrista en solbar

camilo gomez torres
De rebeldías, Soños e irmandades

coloquio homenaxe xose lois garcia
Libro Coloquio-Homenaxe

polas diversas xeografias da lusofonia 210x315
Polas diversas xeografías da Lusofonía

pinturas renacentistas 210x315
As pinturas renacentistas de Santa María de Pesqueiras