Crónica dunha viaxe a Sta. Cristina de Ribas de Sil, con Lito Seara (e II) - 05/05/2016
Opinión - logo gd 2

Xosé Lois García

sta cristina de r ibas de silLito apareceu a hora xusta diante dos Escolapios de Monforte para ir a visitar Sta. Cristina de Ribas de Sil e o mosteiro de Monte de Ramos. A madrugada tivo que ser dramática, ir desde Bande á capital do Cabe, unha persoa como Lito que lle concede moitos privilexios e agasallos ao sono. O digo polos bocexos que daba nos primeiros momentos da viaxe. Despois do café encetamos unha conversa estoica até que Lito comezou a non ser pasivo co embrague, pola recta de Gullade. Todo anunciaba unha premonición, no seu riso miúdo e entre dentes, que transmitía. As miñas advertencias de que tomaba excesos de velocidade inadecuada por unha estrada de curvas e descensos até chegar a Castro Caldelas valeron de pouco. Por Doade abaixo todo presaxiaba que o mundo acababa. Un enorme monumento a un carreteiro de uvas, mesmo nun enclave lírico desa bela boca ribeira do Sil, quixo curiosealo e parou. A miña adrenalina descendeu. Lito, cámara en ristre comezou a disparar. Eu como un parasito manequín aos rentes do gran monumento. Lito fai moitas fotos, debe bater récords de acumulación de imaxes. O curioso é que non permite que ninguén lle faga fotos. Non sei se isto acontece por trauma ou por costume clandestina de cando era montonero e andaba ás agachadelas fecundando revolucións cos estibadores porteños. O caso é que Lito é un persoeiro insólito, entrañábel e suxerinte, alén da vasta cultura que o desborda.

Non sei se o seu silencio é unha bendición para el ou unha maldición para quen non o entende. O caso é que o practica. Desde o monumento ao carreteiro ate pasar a ponte do Sil o silencio e a velocidade foron práctica de seu don aristotélico. De súpeto volveu á palabra e dixo: “Gordo, recuerdas aquel asado en Puerto Madero y los tangos en el Boca. Carajo, te emocionó el tango “Combalache”, de Enrique Santos Discépolo”. Lembro ben aquel día no que estaba Palmira e Silvestre, exmuller e fillo. Á pregunta de si é que vía a Palmira, respondeu: “Claro viejo, tiene descuento en la librería y viene a verme. Sabes que nuestra separación fue civilizada, los dos coincidimos que comer la misma carne todos los días indigesta y, además, es antinatura”. Fisenlle saber que eu non era un entendido en amores e desamores alleos, para proseguir conversa. Mais insistiu: “No chico, los dos conservamos nuestras credenciales de amor que tuvimos y que se manifienta en los aros de voda que llevamos. Un gesto lindo para no olvidarnos, o por lo menos creer que aquello fue de verdad”. Pregunteille se Silvestre continuaba sendo o mozo tranquilo e deportista, respondeu. “Si, el chico es un enamorado del ciclismo, fue uno de los mejores en el Tour de San Luis. Silvestre no debe correr; su futuro son los estudios de ingeniería, intento que reconozca que su viejo le guía. El es un libertario, buen chico, vive conmigo, es una suma a mis compañías: el clarinete de mi abuelo y el piano que aun toca lo que más me fascina, los nocturnos de Chopim”.

Pregunteille que me definira o que era o tango, o gaucho e o peronismo. E espontaneamente, contestou: “El tango, es el lamento del cornudo. El gaucho, es la mitad hombre y la mitad caballo. El peronismo, es una mierda”. E do papa Bergoglio, comentou. “Francisco cambió los gestos del Vaticano pero no la doctrina”. Así chegamos a Parada do Sil, sen antes advertirlle do descenso a Sta. Cristina, e dunha súper perigosa curva sobre un vertical cantil do canón do Sil. Entrou a curva en silencio e acelerou até pór o coche a unha velocidade de sesenta quilómetros, pechei os ollos agardando o fin, mais chegamos ao aparcadoiro. Recomendoume, con sarcasmo, buscar unha fonte, beber auga e refrescarme para que me viñeran as cores. Comprendín que Lito é un gran sabio do volante, aquel escenario deume confianza para esquecer os medos.

Ao chegar diante do pórtico do mosteiro, espetoume: “No sabes viejo, que yo participé en los raliyes-Argentina sobre los despeñaderos de los Andes?” Mentres eu me repoñía, o Lito desapareceu coa súa cámara. Este tipo ten unha capacidade enorme de buscar nas pedras múltiples significacións. Penetrou por cada un dos recantos do mosteiro; embebeuse na paixón e no misterio que ofrenda esa paisaxe de castiñeiros e de impetuosos rochedos -nosos icebergs ribeiraos- rescatando unhas imaxes impresionantes. Arte románica e telurismo conforman ese territorio privado das divindades supremas nas que moitos non creemos, mais existen. O impacto foi severo, durante o xantar falamos de moitos temas relacionados coa arte medieval. Un labrego de Parada do Sil, recomendounos ir ver o miradoiro desde o cal albíscase o santuario de Cadeiras, na banda e Sober. Un pertinaz e furioso trebón sobre nós, mais chegamos para ver unha das belezas naturais mais auténticas da Ribeira Sacra. Ao fondo Cadeiras, rodeada por sublimes e transparentes néboas polas que se filtraban as cores do arco iris. Comenteille que nese santuario concentraba a miles de persoas e por iso era mais importante que o santuario de Luján. A brincadeira chegoulle á alma: “No me cuentes milongas! Qué decís vos, atorrante! La basílica es la mas importante del mundo y la virgencita de Luján, patrona de la Argentina, la más milagrera. Te basta lo que diga un ateo?”.

sta cristina de r ibas de sil 2Con esta discusión cariñosa e con todas as saíntes nacionalistas dos arxentinos chegamos a Monte de Ramo, cunha choiva que non nos acariñou, ao contrario, lazerounos. Mais o Lito, baixo un raquítico paraugas, foi un eficiente fotografo de volver ao rescate monumental deste mosteiro. E doutras particularidades como é ese centenario carballo monumental que resiste no medio da praza. Este mosteiro ten unha eficiente guía que sabe a lección de memoria, e nos deu pedagoxía de xentileza e de tantas particularidades artísticas que manteñen vivo a este conxunto monástico. As cicatrices, as descomposturas e a falta de arranxos manifestan a desfeita do legado patrimonial galego. Notei que Lito entristeceuse poderosamente ao ollar tanta e escandalosa desfeita. De regreso, o corredor de rallyes recluíuse no silencio até chegar a gasolineira de Castro Caldelas, que utilizou fluída conversa co que servía combustíbel. Así a palabra non cesou até Monforte e a velocidade non foi a mais. Esa foi a sensación que tiven despois da experiencia arrepiante a que me someteu na perigosa curva de Sta. Cristina. Acepteille o convite de ir a Patagonia, para que me descubra esas belezas que el propaga.

Presentación libro do manierismo en Sober.

a ìntura manierrista en solbar

camilo gomez torres
De rebeldías, Soños e irmandades

coloquio homenaxe xose lois garcia
Libro Coloquio-Homenaxe

polas diversas xeografias da lusofonia 210x315
Polas diversas xeografías da Lusofonía

pinturas renacentistas 210x315
As pinturas renacentistas de Santa María de Pesqueiras