As galletas mariñeiras e crachers daveiga - 13/08/2016
Opinión - logo gd 2

Xosé Lois García

Visitei no Polígono Industrial de Os Acivros de Chantada unha industria moi peculiar e moi nosa, de galletas artesanais, cuxa materia prima é o cereal: galletas mariñeiras 1o noso pan de antano que deu longa vida a milleiros de xeracións na Galiza. O forno circular do rural foi o noso tótem, o noso centro, portento e ritual da boa mantenza, hoxe en decadencia e totalmente superado por outros fornos de patente industrial no que se cocen milleiros da referidas galletas. A empresa familiar “daveiga”, con vinte e sete empregados, en vías de ampliación no implica ao espazo da factoría e do persoal. Por tanto, estamos nunha empresa sustentábel e capaz de manter no mercado un produto que vai alén da demanda local, transcendendo a Portugal cunha venta do 60% da súa produción. Isto quere dicir que hai un estilo, un formato de empresario autóctono que sabe enfocar con realidade un novo estímulo de preferencias na que unha empresa destas características teña estabilidade, nun contexto empresarial en crise e de tantas alteracións no eido económico e produtivo actual. A persistencia e a boa xestión posibilita que “daveiga” sexa unha empresa de referencia no polígono de Chantada.

Nesa visita, que me introduciu unha das súas traballadoras, a vella amiga Maricarme Moure, puiden comprobar a ordenada mecanización, en seus diversos procesos de amasado, formato de produto, cocción e envasado que me foi explicando un dos empresarios. Nese percorrido a través de cada departamento de produción, notei algo moi importante nos empregados, a súa capacidade profesional e de integración e, tamén, unha viva satisfacción de mostrarse responsábel e protagonista do traballo que realizan. Isto indica que os irmáns “daveiga”, son uns empresarios con luces e con instinto de superar vellas formas de traballo e de non considerar aos traballadores como súbditos ou elementos servís. Cando se ten conciencia de protagonizar progreso, nunha Galiza diferente e na que hai que crear vías sustentábeis entre empresario e produtor, capaces de marcar unha dinámica innovadora que se fai perceptíbel na empresa “daveiga”. Isto indica que estamos ante unha sensibilidade moi importante e ante un cambio operativo que fará da nosa Galiza un país verdadeiramente fiábel en moitas direccións. E isto acontece cando hai empresarios e traballadores que teñen conciencia de país e sentirse capaces de transformalo.

galletas mariñeiras 2No que concirne ao inventario produtivo vemos variedades de galletas dedicadas a diversas suxestións e sabores dunha gama de modalidades moi interesante, para que unha empresa destas características sexa estábel e saiba transformarse cando os tempos esixan cambios. Os empresarios de “daveiga”, proceden do val de Camba, do lugar da Veiga da parroquia de Río (Rodeiro), foron capaces de artellar unha sorprendente aposta por un produto innovador que ten un grande éxito na demanda do mesmo. Un produto de orixe e orixinal que fai do polígono de Chantada un dos centros en vías de expansión contando con outras empresas que se nutren de produtos derivados da castaña e da maza, e non só. A firme aposta polo desenvolvemento das nosas materias primas e de crear postos de traballo, confirma o talante destes empresarios que confían no que temos e tratan de cambiar o noso país, como é o caso dos empresarios que dirixen a empresa “daveiga”.

Presentación libro do manierismo en Sober.

a ìntura manierrista en solbar

camilo gomez torres
De rebeldías, Soños e irmandades

coloquio homenaxe xose lois garcia
Libro Coloquio-Homenaxe

polas diversas xeografias da lusofonia 210x315
Polas diversas xeografías da Lusofonía

pinturas renacentistas 210x315
As pinturas renacentistas de Santa María de Pesqueiras