A etnografía do Alalá de Moisés Quintas Suárez - 17/09/2018
Opinión - logo gd 2

Xosé Lois García

O completísimo libro de etnografía: “Terra e alma”, da autoría de Moisés Quintas Suárez (Bande, Ourense, 1965), pedagogo musical e mecenas en tantas descubertas que a nosa música popular merece ser rescatada e asumina. Este libro está editado pola Editorial Canela (Aires da terra). O autor moises quintas suarezrastrexou no herdo dos Alalá, esa expresión labrega dos pensares e dicires do pobo menos letrado que soubo crear e enaltecer seu canto rutineiro, unhas veces inocente e outras inxenuo, mais cunha carga existencial de elevada distinción. A recolla antolóxica que nos ofrece Moisés Quintas, non deixa de ser un aporte fundamental na reconstrución do que fica soterrado, para ubicalo na memoria da utilidade e, mesmo, restituír o esencial do que a Galiza labrega, mariñeira e proletaria exhibiu seus cantares e seus dicires, nunha expresión tan nobre e iniciática como é o Alalá. O formato musical do Alalá fica nesa reseña de autores que Moisés fai destaque nas primeiras páxinas do libro, oferta e ofrenda que nos deixou sobre o Alalá, Paco del Riego, Daniel González, Faustino Santalices, Carlos Villalba Freire, José Izenga, Castro Sampedro, Xavier Groba González, Emilio Pita e Rogelio Groba. Unha panorámica aberta para comprender as diversas fases compositivas -porque non dicir desafíos- que nos ofrece este cantar enxebre e tan repleto de particularidades que se compendian neste libro.

A segunda oferta que aparece neste libro son as fotografías de Carlos Valcarcel Gay (Lugo, 1929), de sobranceira e valiosa restitución do universo labrego, que nos leva ao centro dese distingo de retrospectivas que a memoria etnolóxica debe guarnecer por varios intereses culturais e científicos destas fotografías que nos aproximan este fornecido descubrimento para moitas e actuais xeracións que non viviron os auxes nin as decadencias da labregancia galega. Digamos que, neste caso, Moisés Quintas acertou co excelente fotógrafo, que nos seus andares por todo Galiza, ao rescate do cotián das xentes de labor que souberon coidar do seu presente. Velaí as imaxes desas andainas á procura de algo interesante que debe ser fixado para o gran memorando que ten que lexitimar eses dons que a antropoloxía e a etnoloxía teñen neste enorme traballo de campo, por vir dun dos mellores cultores da fotografía como é Carlos Valcarcel. “Terra e alma” resúltanos un estudo fascinante desde a recuperación viva do Alalá que ten como soporte a esas fotografías tan elocuentes e tan unificadoras das xentes que compoñían e cantaban algo tan funcional da cultura que eles cultivaban.

moises quintas suarez 1Outra das particularidades mais excelsa deste libro son as partituras iniciais de cada un dos diversos Alalá que van acompañado dunha composición lírica de catro versos. A recolla tan dispersa por toda a xeografía galega vén a corroborar a recolla, extraordinariamente diversa, de Moisés Quintas Suárez. Realmente, este autor, apostou por un traballo moi serio e moi eficaz, que vén a fortalecer a pedagoxía musical e o didactismo nas escolas infantís, nas que Moisés é profesor. Alén do que nos pode interesar do Alalá, hai algo moi importante para descubrirnos nun dos acentos mais ateigados de creatividade galega, que desde centos de anos, podíamos dicir que o Alalá é o sucesor das cantigas dos nosos trobadores. Cando estes enmudeceron foi o pobo quen os substituíu con cantigas íntimas, repletas de lirismo e manifestando a realidade que lles tocaba vivir a toda unha sociedade que medrou neste tipo de cánticos que, neste caso, están presentadas como un manifesto activo de non esquecer aos nosos predecesores que cultivaron a música e o cántico como un elemento indispensábel para facer país con ledicia.

A suculenta introdución deste libro é un directo fío que nos posiciona nas diversas frecuencias do Alalá, en todo o que podemos clasificar sobre a diversidade e o seu portento popular. Ademais os dous CD que se engade no libro, amplía o noso coñecemento en algo que non debemos perder do alborozo dos nosos cánticos. Este é o fervor e a paixón que Moisés Quintas Suárez fixo un extraordinario traballo que dignifica o cántico popular galego, recollendo cantigas e instrumentos musicais, moitos deles en desuso. O seu libro: “Pito Galego (método práctico)” é outra nobre aposta pola restitución dos instrumentos musicais galegos, dadores de sons e de danzas. Unha aposta xenerosa e filantrópica deste autor que temos que apoiar, aplaudir e reivindicar.

camilo gomez torres
De rebeldías, Soños e irmandades

coloquio homenaxe xose lois garcia
Libro Coloquio-Homenaxe

polas diversas xeografias da lusofonia 210x315
Polas diversas xeografías da Lusofonía

pinturas renacentistas 210x315
As pinturas renacentistas de Santa María de Pesqueiras