Agustín Lorenzo Varela de Temes, natural de Sabadelle 22/11/2019
Opinión - logo gd 2

Xosé Lois García

Aínda que os de Sabadelle (Chantada) saiban pouco da notoriedade do famoso bispo de Salamanca, alén das visíbeis aportacións relixiosas que outorgou á súa parroquia natal. Naceu no Pazo de Sabadelle, o 11 de setembro de 1776, de familia nobiliaria. O seu pai foi Manuel José Varela de xlg201911221 1Temes e Sotomayor, señor de Sabadelle, ministro de mariña de Carlos IV, nomeado por Godoy. A súa mai era María Rosalía de Prado e Yebra, dos Prado do pazo de Tor e emparentada cos Taboada de Cartelos e co señorío da Torre da Candaira, entre outras tantas casas nobiliarias. O bispo non utilizou os apelidos da mai. Os seus avós de Sabadelle eran Juan Inocencio Varela das Seixas e Ulloa, e Catalina de Temes Sotomayor e Acevedo. Os apelidos de seus antepasados mostran a persoalísima nobreza do antigo réxime mais conservador que practicou este bispo. Optou pola vida eclesiástica, sendo párroco de Santo Estevo de Ribas de Miño (Saviñao). Moi pronto ingresou na curia diocesana de Lugo, chegando a ser cóengo da catedral, moi influínte no conservadorismo da Igrexa e das casas nobres galegas coas que el estaba emparentado. Foi un xerarca moi puntual contra o liberalismo, en concreto contra o Trienio Liberal de Riego. Cando o réxime liberal rematou en 1823, o conservadorismo de Fernando VII e a nobreza feudataria, tomou unha drástica persecución contra os liberais. Cambiaron as estruturas de Estado, onde o clero tivo un papel fundamental nese cambio. Nesa ocasión, Agustín Lorenzo Varela de Temes é nomeado bispo de Salamanca o 12 de xullo de 1824, e consagrado en Madrid, o 7 de novembro do mesmo ano, asistiu a ese acto unha gran representación da casa real de Fernando VII, e representantes da nobreza. Varela de Temes foi o home axeitado para ocupar o bispado salmantino, unha cidade coa maior Universidade do Estado, moi destinguida no liberalismo do Trienio Liberal. O novo bispo, de liñaxe e traxectoria conservadora, era o persoeiro adecuado para impor a intransixencia eclesiástica na súa diocese.

Agustín Lorenzo Varela de Temes, foi un bispo moi influínte tanto na curia como no Estado, el foi promotor de varios bispos, como José Antonio Rivadeneyra, da casa de Loureiro de Buciños (Carballedo), emparentada co Pazo de Sabadelle, sendo nomeado en 1830 bispo de Valladolid, ordenado por Varela de Temes. En Salamanca rodéase dun extenso séquito curial moi decisivo, nos seus 25 anos de permanencia como bispo da diocese. Sirvan só dúas personalidades eclesiástica, o seu propio irmao, José María Varela de Temes, cóengo e secretario de Cámara do bispo; e do salmantino, Miguel García Cuesta, que o bispo Varela ordena sacerdote en 1828, e o elixe para o seu entorno e o promociona como bispo de Xaca en 1848, que Varela non chega a consagralo polo seu delicado estado de saúde, pero si o fai o seu parente, o bispo de Valladolid, José Antonio Rivadeneyra. García Cuesta desde Xaca é ascendido a cardeal arcebispo de Santiago. Desde a primeira guerra carlista (1833-1840), Varela de Temes posiciónase en favor do carlismo radical e confesional. Xunto ao seu asesor, Miguel García Cuesta formaron parte dese intelectualismo carlista que promoveron en instancias eclesiásticas fundamentalistas, defensores da unidade católica co carlismo. Nesta dirección, toda a familia de Agustín Lorenzo Varela de Temes, formaron parte do carlismo. O pazo de Tor, con seus eclesiásticos e militares, foron fieis militantes do carlismo, igual que os Taboada de Cartelos e s Varela de Sabadelle.

xlg201911222 2Varela de Temes foi esencialmente un bispo político, posicionado en algunhas prohibicións, para advertir ao pobo da súa omnímoda autoridade. Como sucedeu coa prohibición en Salamanca do adorno de laranxas e limóns que penduraban nas ramas das árbores, por onde pasaba a procesión “Del huerto de los olivos” en semana santa. Construíu un enorme cemiterio en Salamanca, reconstruíu igrexas e foi moi meticuloso cos comportamentos clericais fronte o Dereito Canónico. Destacan dúas pastorais que obrigou a ler en tódalas igrexas da diocese de Salamanca. Unha sobre a proclamación de ano xubilar de 1826, polo papa León XII. A outra pastoral foi lida o ano 1841, titúlase: “Sobre la obediencia a las potestades establecidas para el buen régimen de la Iglesia y del Estado”, de corte reaccionario e carlista.

O bispo de Sabadelle -como lle chaman moitos dos seus conterráneos- lembrou, investiu e privilexiou á súa parroquia de nacencia coa construción dunha nova e impetuosa igrexa, de longa e alta dimensión, que algunhas catedrais non teñen tan desmesurada xeometría. Dotou a esta igrexa con unha reliquia, un diminuto óso de S. Juan de Sahagún, patrón de Salamanca, e unha significada imaxe deste santo, ao lado dun pozo no que Juan fixo milagre, salvando a un neno que se precipitou no baleiro. A ese óso introducido nunha custodia, acudiron non poucas persoas, desde a segunda metade do século XIX até os anos sesenta do XX, para sandar os posuídos do meigallo e do demoño. Aumentando o xentío o 12 de xuño, festividade de S. Juan de Sahagún, en esta ocasión os de Sabadelle facían día de gardar con boa romaría, denominada festa da Santa Reliquia. Coa aparición da medicina preventiva, dirixida por psicólogos e psiquiatras que curaron parte de doenzas depresivas, a peregrinación á Santa Reliquia decaeu. Agustín Lorenzo Varela de Temes, finou en Alba de Tormes (Salamanca), o 21 de marzo de 1849.

camilo gomez torres
De rebeldías, Soños e irmandades

coloquio homenaxe xose lois garcia
Libro Coloquio-Homenaxe

polas diversas xeografias da lusofonia 210x315
Polas diversas xeografías da Lusofonía

pinturas renacentistas 210x315
As pinturas renacentistas de Santa María de Pesqueiras