O Rei -16/08/2020
logo nosjpg

Xosé Lois García

En determinados momentos fascinoume a historia de Francia da época do Borbón Lois XIV. A quen non fascina ou atrae esa irreverencia do rei sol cando vociferou: “L’Estat, c’est moi”. A frase despótica e concéntrica que impuxo en Francia tanto proselitismo despótico. Unha enorme apoloxía de grandeza e superioridade de imperio colonial, da que os franceses do poder chamaron “Le grand siècle”. Mais esa superioridade tan abraiante e críbel. Algún deles levouno a escribir un libro, titulado: “Paris, le modèle des nations étrangères”. Mais que de París era o de Versalles. Ante este fenómeno de acaparación e colonización borbónica, Francia tivo unha enorme plétora de xenios universais, que moitos deles contrariaron o despotismo do rei sol, como foi o caso do ilustrado Voltaire que xestou unha oposición á dinastía borbónica, con outros ilustrados que desembocou na Revolución de 1789.

O absolutismo monárquico de Luís XIV, introduciu o seu colonialismo de “Le grand siécle”, na malformada e mal nomeada España, introducindo a seu neto Felipe V como rei daquela España. Cunha guerra, a de Sucesión, coa invasión e dependencia de Cataluña, introducindo as normas e os estilos despóticos de uso en Francia, perdurando a despótica dinastía ate os nosos días. Que desgraza para aqueles países que gracia de deus predestinou o espermatozoide borbónico para esta cheirosa pel de touro da vella Iberia, na que sucederon rancores de vasalaxe que sempre foron pacificados con sangue, pola forza do herdo borbónico. Velaquí a grandeza xenética apropiándose do dereito natural e que a pureza de sangue esnaquizou. Velaquí a fruxe rendíbel e apoteótica dun xeneroso Carlos IV que compartiu a súa raína con Godoy. Fernando VII, nada rudimentario en xurar constitucións para despois queimalas. Un tipo con forza xenética e con afán de conservar o despotismo, que mellor misión para lexitimar a pureza do esperma do rei sol. Isabel II a raíña que mereceu ser venerada por seus revolucionarios óvulos. A erótica borbónica en política non deixou de ser un instrumento desafinado que botou a perder unha decente e harmoniosa sinfonía histórica. Neste eido, houbo casos de amorío precoz como o da raíña, María Luísa de Parma, tan benéfica como voluntariosa con seu admirado e nefando Godoy.

O antigo lastre das esfinxes borbónicas sempre presente na xenética dos mesmos, cando un coida que os escándalos de María Luísa ou de Isabel II teñen desaparecido, de súbito, como o Guadiada, aparecen floreados por Juan Carlos de Borbón, o emérito. Non por que un teña prioritario interese por temas tan persoais como é o sexo, que cada un debe cultivar en liberdade. Mais cando o sexo involucra con outras instancias e haberes que proceden do erario público, como é o caso do escándalo de Corina e outras mecenas do amor-diñeiro que administra os cobizosos Borbóns. Nestes casos estamos na obriga de derrubar esfinxes carraxentas que marcan e alteran o rimo e a vida da cidadanía mais indefensa, tan cercada por temores e sufrimentos. Demasiadas esfinxes nos limitan que as vemos a diario con eses rostros e bandullos opulentos, burocráticos que levan toga, levita, púrpura e mitra. Xa no hábito de estar emparedados, non notamos o cheiro fétido dos excrementos que contaminan algo tan simple como ter ideas. As esfinxes que temos no noso entorno, emiten ese poder estático e fúnebre das esfinxes de Gizeh e Karmak. Mais as nosas efixies políticas precisan dunha puntual turbulencia para perderlles o respecto, e facer contas coa corrupta e ampla parentela real.

Presentación libro do manierismo en Sober.

a ìntura manierrista en solbar

camilo gomez torres
De rebeldías, Soños e irmandades

coloquio homenaxe xose lois garcia
Libro Coloquio-Homenaxe

polas diversas xeografias da lusofonia 210x315
Polas diversas xeografías da Lusofonía

pinturas renacentistas 210x315
As pinturas renacentistas de Santa María de Pesqueiras