'A Estrada Románica' de Xosé Luna Sanmartín - 20/08/2020
Opinión - logo gd 2

Xosé Lois García

Un programado libro artesán vén a ser publicado por Edicións Fervenza de Silleda, sobre a arquitectura románica da Estrada. Ben abastado dunha Xosé Luna Sanmartínsuculenta información da autoría de Xosé Luna Sanmartín (A Estrada, 1965). Unha persoa moio puntual e movementada cara a cultura galega e en particular coa estradense. Coñecido dramaturgo, narrador e ensaísta. Ex-director de Edicións Fervenza (1999-2015). A súa actividade teatral a expandiu nas escolas e integrando a seu alumnado, no CEIP do Foxo da Estrada, onde foi profesor. Licenciado en Xeografía e Historia pola USC. Autor de varios poemarios. Unha referencia creativa no mosaico estradense e non só.

Xosé Luna vén a re-estrear unha nova edición do seu libro: 'A Estrada Románica', unha edición modesta no que compete á primeira publicación. Mais que abriu un interese moi importante pola descuberta do románico da Estrada. Servidor chegou a catalogar todo o románico do Concello da Estrada en 1997, da mao de outro insigne fillo da Estrada, do galeguista e activista cultural, Pepe Porto Matalobos, que estaba moi interesado en que eu fixera algún traballo da simboloxía sobre dito románico. Cando saíu a primeira edición do libro de Luna, desistín de levar o tema para diante, por considerar que a investigación deste autor tiña unha consistencia a tódolos niveis, da que podía aportarun foráneo como eu, que non podería chegar ás descubertas nin as consideracións pragmáticas que este autor e investigador chegou. Por tanto, esta nova edición aumentada, con sobresaíntes imaxes e aportacións aumentadas, vén a consolidar un dos volumes máis interesantes que se teñen publicado sobre o temario románico na Galiza. Un libro moi especial, tanto polos contidos como pola encadernación de luxo. Un libro moi importante de investigación que vai alén de ser unha simple guía das que abundan no noso país. Todo un apreciado volume que nos descubre as dezanove igrexa románicas que ten A Estrada.

No contexto socio-político-culturalachéganos as diversas versións do románico pleno, da transición do románico ao gótico e do románico tardío. Todas esas expresións proceden dos modelos composteláns, influencia dos grandes mestres, deseñadores e pedreiros que ergueron a meticulosa catedral santiaguesa, confirmando a escola monumental das igrexas da veciña Estrada, pertencente ao arcebispado compostelán. Algunhas destas igrexas da Estrada están referenciadas nas crónicas da 'Compostelana' de Xelmírez, como a de Santeles. Por tanto, estamos falando dun románico que bebe dos modelos franceses da primeira época dos bispos Diego Peláez e Diego Xelmirez. Daquela universal arquitectura que entra na Galiza coa presenza dos Borgoña. O románico da Estrada non é un extracto ou copia secundaria dese románico, senón que bebe directamente dos grandes mestres, da plenitude do obradoiro de Estevo, no pórtico das Platerías; de Mateo no pórtico da Gloria e, por último, da escola post mateana do século XIII e XIV. Todas elas presentes no románico estradense.

Luna Sanmartín partilla cada dependencia arquitectónica destas igrexas, seus apéndices e matices tan clarificadores e asumíbeis neste relato histórico e arquitectónico, dándonos unha información notábel no estudo que el realizou con profundidade. Non podía ser doutra maneira vindo dun intelectual enormemente virado cara tantos eidos de estudo en que A Estrada está profundamente personificada nos estudos e publicación de Xosé Luna. Unha persoa de amplos rexistros que, reiteradamente, manifesta en 'A Estrada Románica', nese seu distinguido estilo innovador, capaz de ver as estruturas desta arte medieval de outra maneira ben diferente ao que se vén mostrando. Son moitas as particularidades expoñentes en esta obra senlleira, capaz de mobilizar a moitos indiferentes ou despistados coa arte románica localizada na Estrada.

Estrada RománicaA oferta de Xosé Luna Sanmartín que nos fai nesta obra, na que incorpora un CD, confirma a presenza e a cultura románica estradense que atraeu a múltiples especialistas nesta materia. O propio Castelao levou ao seu libro: 'As cruces de pedra na Galiza', no que expón varias presenzas deste estilo espallado polas diversas xeografías da Estrada. Ademais este románico está presente en varios debuxos, acuarelas e óleos da obra de Castelao. Todosestes temarios ilustrativos, desvelan a interrelación de motivos iconográficos expostos en varias igrexas que responden ao seu medio e que teñen correspondencia con outras realidades que se deron neste territorio. Como é o caso de dous persoeiros xograrescos expostos no lado norte da ábsida da igrexa de Tabeirós, onde vemos a dous trobadores tanguendo seus instrumentos. Pois, en Tabeirós localízanse a dous trobadores nos 'Cancioneiros Galego-portugueses'. Trátase dos irmáns, Pai Soares de Tabeirós e de Pero o Velho de Tabeiós, cabaleiros pertencentes a nobreza local. Estes dous trobadores tiveron presenza nas cortes reais de Castela e Portugal do século XIII. Por tanto a construción desta igrexa é de mediados do século XII, non corresponde esta edificación co século que lles tocou vivir a estes trobadores de Tabeirós. Mais o relato dos dous músicos nestas iconas, manifestan a presenza creativa e activa de atopar un espazo de residencia musical no século XII. E máis tarde con ilustres trobadores como Pai e Pero de Tabeirós, no século XIII. Datos moi significativos que manifestan a sobriedade da arte e da cultura musical destas terras vellas entre o Deza e o Ulla. 'A Estrada Románica', de Luna Sanmartín, aborda un temario de encontros e descubertas que revela interesantes frecuencias deste románico exposto no seu libro.

Presentación libro do manierismo en Sober.

a ìntura manierrista en solbar

camilo gomez torres
De rebeldías, Soños e irmandades

coloquio homenaxe xose lois garcia
Libro Coloquio-Homenaxe

polas diversas xeografias da lusofonia 210x315
Polas diversas xeografías da Lusofonía

pinturas renacentistas 210x315
As pinturas renacentistas de Santa María de Pesqueiras