Decadencias 23/08/2020
logo nosjpg

Xosé Lois García

O universo no barullo persuasivo das decadencias. Pode que non haxa unha crise económica que contraia tanta decadencia de valores e contradicións existencias como a que estamos ensumidos actualmente. Sucede como na multiplicación dos pans e dos peixes: ese gran milagre da confusión como nestes tempos de pandemia na que ficamos pasmados. Sen decatarnos de que todos estamos nas trincheiras da pobreza, sen opcións e sen palabras para acertar no disparo. As decadencias consentidas só comezan cando non se dan respostas contundentes aos agravios que derivan en metástase mortal. Estamos nun tempo en que se anulan as ideas e as accións máis necesarias para superar fases e períodos decadentes que soportan as clases marxinadas. A marxinación consentida vén converténdose en fidelidade flaxelada, en código de sobrevivencia e aceptando ser escravo e renderse ante a intolerancia dos poderes que nos dominan.

Da a impresión de que non somos capaces de detectar o silencio absorbente da infamia que elimina calquera crítica dirixida a todo extracto de poderes económicos e imperialistas, tan blindados na discreción e na temeridade, sen que notemos as súas causas nefastas que nos cercan. Parece que non somos conscientes de estar dentro da gaiola blindada das confusións sen percibir as decadencias que nos atenazan. Con frecuencia perdemos a memoria emocional, como referente de negación a ser conformistas e aceptar conspirados declives. Nesta situación, non deixamos de ser pezas desgastadas nun encaixe dominante en que poucas cousas cuestiónanse sen percibir que a alienación é a nosa derrota.

Na escravitude que nos asiste, mais sen decatarnos de que somos escravos, ou sen dar mostras de que o somos. Pode que haxa conciencia delo, mais todo se encubre no limiar dese amplo modelo de silencios, ben planificados e inculcados. Vivimos nunha sociedade tan sofisticada e dominada polos rendementos da expropiación e pola falta de autoestima por parte de quen produce plusvalía. Tal colapso xa non permite entender as pequenas particularidades dos problemas existenciais nos que estamos somerxidos. A sociedade, a que aínda traballa e produce para os grandes monopolios de dominio económico e político, fica desatendida por si mesma sen decatarse da súa propia e profunda alienación.

Marx criticaba a asoballante disciplina imposta a un proletariado, tan alleado de seus propios problemas e dereitos, que soubo dar pasos organizativos no século XIX, para encarar vías de loita e liberdade para ser dono da súa produción e restablecer a súa excluída dignidade. O período postmarxista móstranos unha actualidade de superexplotación, que converte aos axentes laborais en suxeitos marxinais con demasiadas queixumes e con relampos de sentirse satisfeitos co que producen para satisfacer aos que expropian a forza do traballo e a súa rendibilidade. As actuais decadencias, ante a infamia ben organizada e conxuntada, son tan bastas e particulares que non cesan de proclamar anguria na vida de millóns de traballadores que están recluídos na pobreza e confinados na mendicidade máis solemne. O esquema da globalización non é máis que o resultado prodixioso dun desorde organizado duns poucos, chamados multimillonarios, que aceleraron o desorde en diversos campos da especulación e do escurantismo, en que tódolos seus propósitos e proxectos sempre son lícitos e xustificados e, sobre todo, amparados por forzas militares que eles crearon a súa semellanza, xuntamente con outras comparsas fascistas, paramilitares e dun amplo lumpen que tentan espantar a quen erga a voz ou agrida a seus intereses. A decadencia actual, en tempos de pandemia e de nefastas contradicións sociais, non deixan de suxerirnos demandas de autoprotección en tantos campos devastados pola opresión que nos asiste.

Presentación libro do manierismo en Sober.

a ìntura manierrista en solbar

camilo gomez torres
De rebeldías, Soños e irmandades

coloquio homenaxe xose lois garcia
Libro Coloquio-Homenaxe

polas diversas xeografias da lusofonia 210x315
Polas diversas xeografías da Lusofonía

pinturas renacentistas 210x315
As pinturas renacentistas de Santa María de Pesqueiras