Transcendencias pandémicas - 27/09/2020
logo nosjpg

Xosé Lois García

Podemos imaxinar como Giovanni Boccaccio escribiría o seu “Decamerón” en 2020, na realidade desta pandemia transversal e mortífera da Covid-19. Sería un considerando ben diferente e diverso ao que expresa sobre a peste negra de 1353, ano en que publicou este libro, nun estilo didáctico e comprensíbel para entender as clases sociais empobrecidas que sempre foron as máis afectadas por este tipo de epidemias. Na actualidade, talvez non sería moi enfático en consideracións morais e sobre condenas divinas que a prédica da igrexa do século XIV expandía e protexía as maledicencias do Señor dos Exércitos e de súas iras contra a humanidade que aspiraba a ser libre de conceptos místicos. Mais a distancia que separan setecentos anos á peste negra da Covid-19, Boccaccio sería mais indagador en temas científicos e epidemiolóxicos, para manifestar as pegadas e os desconcertos que proceden dos diversos poderes que aflixen a este mundo. Que vén sendo outra epidemia silenciosa que dilacera ás clases marxinais e traballadoras, dunha maneira sutil e nada novidosa, na que se encobre tanta explotación e desigualdade.

Levamos medio ano de desconcertos, desde que se oficializou o espanto epidémico en todo o universo, coa aflición devastadora en moitos países, e noutros con despegues e repregues, outra danza da morte aludida por Boccaccio. Esperemos que alguén retome a vocación deste escritor italiano e esclareza, in situ, as traxedias, alteracións e efectos causados polas turbulencias epidémicas que crearon outros parámetros de inseguridade, nos que estamos instalados. Mesmo acostumados a ver e dixerir docilmente a parafernalia dos poderes políticos dominantes. Os efectos deste contaxioso e mortífero patóxeno está producindo todo tipo de revolta, tan personalizada como solapada por parte de uns, e de conspiracións desde un alto nivel estratéxico, propiciado desde o despotismo financeiro e imperialista, até os estrategas militares das grandes potencias que, en sacrosanta irmandade, teiman aproveitar esta anormalidade vírica para impor contundentemente un estado despótico adobado coas mellores esencias e perfumes dun amoado de filloas sátrapa-fascista.

Levamos medio ano de desconcertos, desde que se oficializou o espanto epidémico en todo o universo, coa aflición devastadora en moitos países, e noutros con despegues e repregues, outra danza da morte aludida por Boccaccio.

Aínda nestas circunstancias que nos involucran a formar parte dese estándar escurantista, onde as graves consecuencias que se aveciñan pasaran factura, de imposíbel pagamento, ás clases traballadoras das pequenas e medianas empresas que xa están no punto de mira estratéxico de ser absorbidas polos grandes monopolios financeiros. Esta pandemia manifesta a verdadeira faciana da loita de clases; do inicio das revoltas populares que loitan por defender o público e que xa tomaron corpo defensivo no sufrido persoal que están á fronte da saúde pública. Enfermeiras e enfermeiros, médicos e todo o persoal sanitario que está facendo un esforzo sobrenatural e afrontando con pragmatismo e desasosego esta realidade, que estes servidores públicos están pagando coa súa propia vida, nunha situación indefensa e pregada de precariedades e abandonos administrativos. Nestas circunstancias, falta un proxecto sanitario dinámico, o que hai está bastante enviciado polas constantes intromisións de políticos que orientaron a sanidade pola ousadía e ambición de privatizala, da que aínda soportamos seus efectos.

A actual situación epidemiolóxica puxo ao descuberto nefastas anomalías e maldades dos que intentaron apoderarse e beneficiarse da saúde pública. Non hai dúbida, fronte a estas ambicións está viva e permanente a loita das sufridas sanitarias e sanitarios que foron capaces de crear ese doméstico cordón sanitario que evitou desmantelar a saúde publica e diminuír os danos causados por accións inmobilistas que practicaron concretos políticos de comunidades autónomas. O caso do paridoiro de Verín esclarece moi ben o intento nada improvisado de anular os contidos esenciais da sanidade publica na Galiza. As sanitarias e sanitarios salientan e postulan unha loita reivindicativa e orientada a manter a sanidade lonxe dos obxectivos manipuladores e aventureiros que apostan pola sanidade privada, desde poleiros políticos corruptos. Este é o tráxico relato que precisa corrixilo entre todos.

Venres 2910/2021, debate sobre 2 libros da miña autoría

Venres 29, debate sobre 2 libros da miña autoría, publicados no presente ano.
Promovidos pola Libraría da Proencia. Na igrexa de Pinol (Sober), ás 19 h.
a ìntura manierrista en solbar

camilo gomez torres
De rebeldías, Soños e irmandades

coloquio homenaxe xose lois garcia
Libro Coloquio-Homenaxe

polas diversas xeografias da lusofonia 210x315
Polas diversas xeografías da Lusofonía

pinturas renacentistas 210x315
As pinturas renacentistas de Santa María de Pesqueiras