Trumpmanía - 15/11/2020
logo nosjpg

Xosé Lois García

Resultarnos fácil adherir numerosísimos adxectivos aos disparatados comportamentos narcisistas de Donald Trump. Son tantas as tramas deste individuo que abastecen múltiples combinacións para realizar un xogo protagonizado por numerosos malfeitores dirixidos por un mafioso nada precario, con atributos de heroe desapiadado. De fácil e súpeto bramido violento que acala a seus propios e funestos trampeados. Mais os labirintos políticos rematan atrapando a quen os programa e proxecta. Sen decatarse que o labiríntico espazo e tan envolvente e devastador que remata por destruír recantos de fuxida e falsos parapetos da criminosa furaqueira, onde encubre seus tesouros e seus delitos. Un ten a sensación de ver cumprido ese soño que durante catro anos estaba nun ronsel de temores do que é capaz ese rudo e incompetente Donald Trump.

Os United States, tan arrogantes en proclamar seu poder bélico e económico, tantas veces inventores de litixios, ameazadores e invasores de nacións que procuran a súa liberdade, foron capaces de oprimilos e imporlles crueis ditaduras. Velaquí o imperio norteamericano: domesticando e alienando a seus propios cidadáns; sátrapa de diversos pobos da urbe ensumidos en desfeita e xenocidios. Non hai discrepancias nin contradicións, para millóns de estadounidenses que amparan a invasión de países, en nome da liberdade gringa. O gran aparello dos intereses capitalistas blindado polo poderoso poder militar dos USA. Neste amoado en que se moven as contradicións internas da política norteamericana, o perfil que encarna Trump é o mais explícito e doado en connotar o baixo relevo da decadencia imperial. Ese odre envellecido e anquilosado que perde líquido por todo lado e xa non admite mais parches para enchelo de intrusismo indebido, precisando de profundos recambios que os propios norteamericanos non admitirían.

Neste dilema está a fachenda paranoica de Donald Trump, invocando o florecer da rosa murcha imperial, que obsesivamente o leva a reinventar o modelo hitleriano, con tódolos recursos perversos e totalitarios que durante estes catro intentou practicalos, dunha maneira ascendente, personificando que o mundo é un brinquedo e está baixo seus pés. A imaxe do filme: “O gran ditador”, protagonizado por Charles Chaplin, non deixa de ser unha permanente imaxe-testemuña que nos obriga a estar precavidos da obsesiva tendencia de Trump e seus afiliados de extrema dereita que encarnan as súas teimas reaccionarias. A súa patente belicosa e disparatada, non deixa de ser perigosa e complexa, por permitir a cidadanía norteamericana este tipo de políticas agresivas na mente dun descerebrado. O mete medo fantasmal está moi cohesionados en diversas capas sociais sobre o leviatán comunista, como algo asumido pola sociedade norteamericana mais empobrecida e desordenada culturalmente, acollida con fervor á axitación anticomunista protagonizada polo senador McCarthy, durante a década de 1950, tan admirado polo seu apoloxista Donald Trump. Este é moito mais estúpido que o reaccionario senador. Nesta reserva cavernícola de Trump, atopamos a outros perigosos ingredientes que utiliza en seu extenso e putrefacto amoado político, como é o segregacionismo, a misoxinia, o racismo: onde a mentira, a demagoxia e a intolerancia conforman o seu estilo de vida e de tantos americanos xenófobos.

Actualmente, as Trumpmanías están severamente expostas dunha maneira belixerante e incontestábel pola teimosía dun ditador que tenta apoderarse da presidencia dos EE.UU., cando a todas luces perdeu as eleccións do pasado 3 de novembro. Trump persiste en derrogar o dereito de voto, un excelente principio para agredir de morte a democracia americana, tan deteriorada por un capitalismo feroz e obsesionado en desposuír do sufraxio universal a vontade popular dos outros: marxinados, afroamericanos, latinos, inmigrantes etc., que soportan numerosas censuras e barreiras, persecucións contra o diferente ao poder branco, negándolles dereitos democráticos. Todo un deseño extraordinariamente admitido e potenciado pola plutocracia que conforma o vello proxecto de estrangular o pouco que fica do clásico estilo democrático americano, que está sendo demonizado polas atrevidas e despóticas extravagancias de Trump e de seus secuaces. Se un presidente despreza as normas democráticas establecidas está incorrendo na devastación das mesmas e impoñendo o seu individual criterio en función do poder económico que ostenta. Un segundo mandato de Donal Trump na presidencia dos Estados Unidos, a humanidade estaría ao borde de colapsos imprevisíbeis.

O dúo presidencial das eleccións do día tres de novembro, Joe Biden e Kamala Harris (de orixe negra-indiana), representa aos outros (distintos aos brancos), os lexítimos afroamericanos que labraron e ergueron América coa forza do traballo e da súa plusvalía roubada pola casta de dilixentes escravistas brancos. De Kamala Harris agárdanse cousas positivas e argumentadas. A confusión e os delirios en que está metido o imperio United States é bastante profundo para que a historia dos vencidos, marxinados e desatendidos non desminta os propósitos de Kamala Harris e de millóns de norteamericanos que precisan de concretar mudanzas.

Presentación libro do manierismo en Sober.

a ìntura manierrista en solbar

camilo gomez torres
De rebeldías, Soños e irmandades

coloquio homenaxe xose lois garcia
Libro Coloquio-Homenaxe

polas diversas xeografias da lusofonia 210x315
Polas diversas xeografías da Lusofonía

pinturas renacentistas 210x315
As pinturas renacentistas de Santa María de Pesqueiras