'Calendario Poético' Infantil - 25/01/2023

Opinión - logo gd 2

Xosé Lois García

O vindeiro 27 do corrente mes, na Libraría Trama de Lugo, preséntase o libro infantil: "Calendario Poético", da autoría do escritor lugués, Xoán Neira, con ilustracións de María Brenn, de Edicións Embora, 2022. Xoán Neira, é un coñecido e respectado clásico 'Calendario Poético' Infantilna literatura calendario poeticoinfantil galega. Un artesán neste oficio de crear literatura para nenas e nenos.Como pedagogo que foi e como escritor que é, nada limitado en doados temas en demanda literaria que cheguen a lectores infantís. Neste xénero, podemos considerar a Xoán Neira como un consagrado pola súa inercia creativa que despexa, desde a súa responsabilidade pedagóxica que empregounos seus anos de profesor de instituto. Seus contactos e andainas en formar ao alumnado, desde as primeiras fases de aprendizaxe escolar, non deixou de ser un desafío portentoso ao instruír de futuro a nenas e nenos, desde a literatura e desde diversos temarios que ilustran tradición, cultura e idioma dun país que non podemos deixalo esmorecer.

Xoán Neira é un verdadeiro arcabuceiro da palabra, atrincheirado no que sabe facer, con paixón e coñecemento do material co que trata. Non é fácil facer literatura para nenos, é un persoal moi decidido e non tolerábel co que non lle agrada. Isto o sabe perfectamente o Neira, pola psicoloxía que expresa este ilustrativo "Calendario Poético". Neste tipo de escollas tan estruturadas, na que se promove un amplo espazo vivencial e visualizado pola rapazada. Nesta dirección desfilancontundencias moi interesantes como é o tempo fraccionado en doce meses, que atinxea un temario cósmico e relativo ao zodíaco.

Nun percorrido polos meses do ano vemos verdadeiros encantamentos nesas descubertas que poden dixerir os rapaces con entusiasmo e auto recoñecerse. Así comeza xaneiro: "Xaneiro estrea o ano / nas follas do calendario". Vemos versos resaltados en negro referente a datas de digna conmemoración e para lembrar, como os Reis Magos e o día da paz. "Febreiriño vinte e oito / o mes máis curto de todos", e tamén: "O vinte e tres, día de Rosalía, / nai da nosa poesía". "Marzo é un paxariño / que se atreve a cantar". Continúa o convite a celebrar "O oito é o día da muller / pola igualdade entre ela e el". "Abril viste de flores o xardín / e abre todas as ventás á primavera". Coa fundamental conmemoración da Terra: "O vinte e dous, día da Terra / temos só unha coidemos dela!" Maio é un amencer branco / que se coa no teucuarto". E tamén dia intenso e solidario: "O dezasete, Letras Galegas, / o gran día das nosas letras, / coñecelas para querelas". Tamén aparece xuño cos seus atributos: "Xuño é unha cacharela ardendo / na noite máis pequena". Neira, lémbranos algo moi importante: "O cinco, día do medio ambiente, / témonos que implicar toda a xente".

Xa metidos no segundo inicio do ano, co verao festeiro iluminando vontades. Por iso o poeta dos nenos relata variados matices e atributos: "Xullo son foguetes de cores / estourando no ceo estrelado". De seguido vén a negriña das lembranzas a festa do patrón para uns, e o día da nación para outros. "O día grande de Galicia / é o vinte e cinco de xullo; / festa do noso patrón / celebrada con orgullo". Distinguida prerrogativa lírica dedica o poeta Neira López ao mes de agosto, señoreando romaxes populares para o contentamento da idade miúda e da vella idade: "Agosto, mes principal do verán. / Agosto ole a banda de amigos, / tamén ole a montaña e a río". Setembro, o que abre o novo ciclo equinoccial; setembro dos aconchegos dos escolares e abrindo as calendas da outonada. Así inicia o poeta os seus versos: "Setembro trae recendos / a regresos e reencontros; / despois de tantas vacacións / enchemos ben as mochilas / de segredos e ilusións". "Outubro no corazón do outono / unha festa de cores, / un gozo de sabores / para a boca e os ollos; / unha paisaxe encantada / na tarde namorada". Na axenda de outubro lémbrase da lectura: "O vinte e catro é o día das bibliotecas, / sempre portas abertas". Novembro, mes das castañas / que medraron nos soutos / para celebrar magostos / na escola e na montaña". Velaquí a lembradoira: "O vinte e dous é o día da música, / que ten tamén a súa musa". Decembro é o mes de Xano derrotado coa cabeza baixa, cedendo seus agasallos ao xaneiro novo. Ben o di o noso poeta: "Decembro é un velliño / camiñando costa abaixo / e tamén a familia reunida / arredor dunha mesa / celebrando a Noiteboa". E, tamén, a lembradoira: "No Nadal visita os nenos / o carboeiro da montaña; / baixa a apalparlles a barriga / a ver se está ben mantida". Aquí, como decembro, remata o conto ben certo e ben tecido.

"Calendario Poético" é un enorme libro, non soamente para a idade infantil, tamén para adultos e para os xa metidos na congostra dos anos, coma eu. Un saboroso e puntual poemario de calendas, con distinguida proxección de retomar os ecos norteados da tradición. As ambivalencias que aparecen nos versos de cada mes, matizando o tempo noso das festas, dos convivios, das emociónse agarimos que compulsan privilexiadas tradicións que non deixan de ser a credencial do noso presente e futuro dos que veñan.

Sería inxusto non falar das ilustracións e da súa autora, María Brenn (1994), tan nova e tan enteira en seu oficio de protexida creatividade nestes autorizados deseños, ilustrando aventuras, benquerenzas, brincadeiras, emocións que transmitenos valores de ser crianza e levarnos á retrospectiva de tempos idos. Pode que Brenn estea marcando un tempo de mudanza, neses relevantes maticesque integran o todo de súa valiosa revelación. A interrelación, entre poema e ilustración, connota unha expresión activa nas artes gráficas que María Brenn propón e executa neste "Calendario poético", felizmente.

nos diario 200

galicia digital 200

canle ribeira sacra logo 270