A 'RebeliÃo' rebelada de Andityas Soares de Moura - 21/03/2023
Opinión - logo gd 2

Xosé Lois García

EOLAS Ediciones, León (2023) remata de publicar unha edición bilingüe, castellano-portugués, da autoría do poeta brasileiro Andytias Soares de MouraCosta Matos (Barbacena-Minas Gerais, 1979), con tradución de Francisco Álvarez Velasco. Andityasé un poeta comprometido, con promesa andytias soares de moura costa matos rebelioncerta e cumprida, pertencente a esa estirpe de poetas mineiros que continúan salientando un enorme presente e porvir que poñen no mapamundi as súas universais creacións poéticas. Andityas forma parte do cume desa elevada pirámide de A 'RebeliÃo' rebelada de Andityas Soares de Mourapoetas, de abastecidos dons e compromisos varios que responden a un amplo temario que implica liberdade, humanismo e revolta, existencialismo e revolución, sempre coa palabra en ristre. Entre outros temperos que os ásperos tempos de opresión permiten tanta decadencia. Nesta ocasión está presente o eco ergueito de Andityas Soares de Moura, sonorizando esa harmonía de virtuosos dons e de estelares pronunciamentos contra as ousadías que acalan verdade dos simples.

José Carlos Díaz, autor do prefacio de "Rebelião", sinala que os poemas antoloxiadosdeste poemario responden aos seguintes libros poéticos: "Deus está dirigindobébado e nos estamos presos no porta-malas" (2019); "Poemas para a noite dos mortos-vivos" (2020); "Poemas póstumos: fantasias para rapazes e mozas durante o genocidio" (2021). Presentan unha fértil incontinenciacontra os que producen infortunios e malandanzas a grande escala mundial. Todo un amparo que nos seduce a ver a autenticidade criminosa dos anos da pandemia (Covid-19), que provocou un dos grandes retos de mortaldade da historia da humanidade, dese 2019 até 2022. Anos en que o poeta mineiro recolle esa épica patente de repulsa contra aqueles que colaboraron arduamente co virus tan devastador, do que a mundanidade, máis simple e desprotexida, foi vítima de esclarecidos ritualismos de morte potenciados pola extrema dereita, potenciada por Trump, Bolsonaro e outros ínclitos persoeiros de asasinato.

Andityas, en súa fúlxente crítica descarnada, bate contra eses ditadores da política e das finanzas que producen tantos desesperos e atrocidades. Así de explícito é o poema: "Canto ao Senhor das Moscas", ao sinalar: "Eu, que sempre fui lírico, / canto agora ao Senhor das Moscas. // Aos senhores das guerras. / Aos señores de terno e gravata / que manipulan números. / Aos senhorestãosnhores / que julgam ser realmente / senhores. // Ao poder que atropela e se impõe. / Aos que julgamsemseremjulgados. / Ao escuro quartinho do pau-de-arara. / Aos que atiram a primeira pedra. / Ao novo modo de contar a História. / Aos que continuamente sorriem na TV". No vértice e na vertixe das cousasque a toda a peonada interesa, todo recae nos que proclaman xenocidios, esa canallada que cada día pasa de rasante ao noso lado, con tantos inquéritos en seus múltiples perfís desvariados. Para estes ten o Andityas a seguinte chamada de atención autorizada: "aos canalhas que dizem que mandam / à canalhada que obedece / a essalegítima / canalhice / que é canalha / canalha".

andytias soares de moura costa matosA esta canalla de saduceos pertence o monstro-asasino Bolsonaro, dirixente-depredador, que A 'RebeliÃo' rebelada de Andityas Soares de Mouranestes tempos de cóleraperpetuou no Brasil a peor canallada, intimidando e encomendando ao pobo brasileiro a non tomar medicamentos e ausentar a pandemia con tomas de lexía. Bolsonaro admitiu todos os perfís aleivosos de destrución masiva. A estatística oficial dos mortos por Covid-19, salienta 684.425 no Brasil. Que ascendeu a máis de un millón de mortos, deixando fora da cifra oficial do bolsonarismo. Que temos que cuantificar como crime de lexa humanidade, que a Corte Penal Internacional da Hayaten que tomar conta dun proceso contra o prófugo Bolsonaro. E neste interés de suplantar o odio e a mentira encontramos o poema de Andityas, "Simples assim (Leviatã, XIII): "O genocida é un canalha. / Nestes tempos em que / tudo é plausível". "O genocida acha que a tortura / é umahomenagem à patria. / Sangue tecidos e nervos destruídos. / Para ele todo isso não passa / de umhino". Continúan os versos do referido poema: "O genocida é un canalha. / O genocidanão é simplesmenteum simples. / Não é simplesmentequem deixou de pensar" (...) "Não é só o tizão do churrasco de domingo. / O genocida subiu na vida / sobre corpos empillados".

Velaquí un poemario con textos compostos en tempos do Covid-19. Uma antoloxía con versos dos libros referidos deste período. Versos que van alén da simple crónica dun acontecemento devastador. Versos que nos liberan de posíbeis xenocidas, coantídoto combativo que suxire Andityas Soares de Moura Costa Matos. Un libro necesario nas alertas e suxerencias para cuantificar os tempos de terror, ese cheiriño apocalíptico que aínda existe.