Ramón Caride e o 'Nada do outro mundo'-27/03/2023
Opinión - logo gd 2

Xosé Lois García

A inercia literaria de Ramón Caride Ogando (Cea, 1957), expándese por diversos xéneros da nosa literatura, primando a narrativa e a poesía. Debemos comprender a expansión que toma a súa creatividade, cuantificando os valores deses ecos de aguda sonoridade e harmonía que emerxen da súa ática e sensíbel narrativa, pola que temos a obriga de transcender nunha das valedoras obras de conxunto e codificadas na vangardada literatura galega dos nada do outro mundoúltimos trinta Ramón Caride e o 'Nada do outro mundo'anos. Xusto en 1992, Caride Ogando irrompe na vida literaria galega coa súa novidosa e expresiva novela: "Soños eléctricos", gañadora do "Premio Blanco Amor”. despois desta viñeron outras obras excepcionais que foron premiadas e, sobre todo, notorias no que toca a unha nova inventiva estrutural e de indagación que superan habituais e superficiais mimetismos que certos escritores tecen errados florilexios que en breve o tempo murcha.

Caride cicelou esa pirámide novelística con eses portentos de inventiva, aos que non podemos negar resplandecente vangarda de creación, que alborexa no cumial de pedra labrada e resplandecida, con base poliédrica para durar. Ler e escudriñar estes micro-relatos -chamémoslle así- a esta escolla antolóxica que compoñen o último libro de estrea de Ramón Caride, titulado: "Nada do outro mundo" (editado por Aira, 2022), de autoficción que o autor ofrenda a seus lectores a volver ás orixes e retomar o seu primordio narrativo de "Os ollos da noite", publicado en Vigo en 1990, grata primícia, que encetou e resolveu o todo que el fai. Neste destino que ten a literatura, contamos cun inventario de obras narrativas e novelas que Caride teceu e, a máis, intimou con eses valores transcendidos nas realidades que lexitiman ambientes e peculiaridades que responden a ámbitos da nosa cultura e da nosa idiosincrasia. Aínda, con amplos parámetros e interrelacións con outras culturas, catapultando unha idea innovadora para saír de certos traumas de inferioridade que aínda soportan concretos escritores. Procurar provisións para unha longa camiñada, cando se vai "lixeiro de equipaxe" e limitado de inventivas para superar encrucilladas. O mellor recurso para non manterseen falacias literarias é inventar lucidas e magnánimas palabras para edificar innovadosproxectos narrativos.

No presente libro de Ramón Caride detectamos innovación discursiva,de variados e activos persoeiros ben recoñecíbeis do que se serve a súa ficción narrativa. tamén desoutros Ramón Caride e o 'Nada do outro mundo'persoeiros detestábeis e inservíbeis para a sociedade normalizada. Mais cada un delespode que teña esa mobilidade inquisidora que Caride nos presenta nestes quince relatos, que só el controla estes persoeiros que lles concede un tempo filosófico, que o noso escritor sabe resolver. Dicía Borges: "Tenemos, pues, el problema del tiempo. Ese problema puede no resolverse, pero podemos revisar las soluciones que se han dado. La más antigua es la que da Platón". Tempo e memoria, servíbeis condutos para somerxernosen fuxitivos e escuros dominios do esquecemento. Este é o oficio de quen relata e crea mundos invisíbeis;sensacións e imaxes codificadas en concertos de vida plena (do que pouco conservamos e tanto ignoramos) eda creatividade eautoficciónresplandecidas nas obras de Caride Ogando. Que esclarecen a un enorme pensador que nos rehabilita, como lectores, a estar presentes e activos, conectando con eses actores que dinamizan ese escenario compositivo que aparecen nas páxinas das súas novelas. A ficción de Caride restitúe individuos e colectivos que transcenderon en determinadas circunstancias, que están presentes e no memorial deste libro, lexitimando a inventiva de seu narrador.

ramon caride"Nada do outro mundo" é un libro para non esquecer, resúltanos de cabeceira ou para levar no bolso. Ben escolmado e ben comentado por Darío Gancedo, un excelente rastrexador da obra de Ramón Caride Ogando, que verifica as entretelas metafísicas expostas por Caride. Deixa pouco aos demais para explorar concretas categorías desta escolma e destes comentarios. Gancedo ten mérito e privilexio de detector loado, se non fora así, merecía selo, por esas indagacións ao estilo de Sherlock Holmes.
García, Xosé Lois