Eduardo G. Ananín, In memoriam - 20/07/2023
Opinión - logo gd 2

Xosé Lois García

A memoria, a lembranza e a saudade endexamais deixarán de ir xuntas nos nos sentimentos dos amigos que nos deixaron na orfandade silandeira. Eduardo González Ananín (Tibiás, Pereiro de Aguiar, 1926- Ourense, 2023). O pasado 11 de xullo deixounos polo seu pasamento. Mais o vital da súa longa vida, de presentes Eduardo G. Ananín, In memoriaminalterábeis, fica no memorando das boas vontades e do seu espírito de ánimo máis nobre andytias soares de moura costa matos rebeliondeste humanista e enorme poeta, que non foi indiferente cas precariedades dos simples, dos indefensos e dos explotados. Aí estivo en tantos escenarios defensivos e nas carencias dos marxinados, coa súa palabra ergueita codificando perseverancia. A dignidade cívica de Ananín continuará fomentando unha extraordinaria pedagoxía en favor da liberdade dos vencidos e dos alienados, dese enorme legado de coherencias e persistentes visibilidades que a súa vida déixanos significativos exemplos para continuar na acción liberadora en favor dos desherdados e oprimidos.

Velaquí ao poeta defensivo da estirpe dos poetas ourensáns, Lamas Carbajal, Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro e Manuel Luís Acuña Sarmiento. Sirva para este último esta curta reseña: Acuña Sarmiento (Sobrado de Trives, 1899-Ourense, 1975), poeta, xornalista e mestre na escola rural de Tibiás. Afiliado ao Partido Galeguista e adherido ás Irmandades da Fala, foi vítima das depuracións franquistas. Acuña foi un referente na vida cívica e contestataria de Eduardo González Ananín, que sempre evocou a eficacia deste pedagogo de Tibiás, considerándose como un privilexiado en adquirir unha longa andaina machadiana, no dicir: "caminante no hay camino, se hace camino al andar". E nesas labirínticas corredoiras da vida, detectamos ao neno labrego Ananín, asimilando o herdo identitario; emancipándose na fala e na cultura galega; verificando a humildade das persoas tan retraídas na pobreza e na solemnidade da miseria. Na súa adolescencia tivo na represión franquista a súa primeira aprendizaxe de combater o fascismo coa palabra certa e sen requintes, coa paixón de por matices e certezas onde prevalecía o odio inquisidor da ditadura.

Velaquí o albanel de construción percorrendo aldeas e vilas ourensáns, aforrando diñeiro para pagar dúas pasaxes nun transatlántico que os levou a Buenos Aires, a el e a Carolina a súa dona. Unha viaxe transcendente pola vía en que foron centos de miles de galegos para Arxentina. Así chegou Ananín a nosa quinta provincia: Buenos Aires, onde atopou acomodo en calidade de emigrante-exiliado. Na cidade platense, intégrase cos miles de galegos, pero tamén con aqueles intelectuais galegos que fixeron patria segura e viviron mobilizados na recuperación da nosa cultura e literatura, naturalizándose como grupo antifranquista. Un dos centros de reunión era o Cafe Tortoni, na céntrica Av., de Mayo. Daquelas reunións das que participaba Ananín, estaban Luis Seoane, Laxeiro, Arturo Cuadrado, Rafael Dieste, Blanco Amor, Ramón Suárez Picallo, Xosé Conde e un longo etc., de escritores e artistas galegos que desde a emigración e o exilio, reactivaron con firmeza histórica actividades contra a represión e o silencio que padecía a Galiza baixo o franquismo.

O González Ananín proletario, poeta da resistencia, persoa integradora en todos os foros e convivios da comunidade galega bonaerense, deixou pegada nunha poesía nutrida de solidariedade: verbo dun humanismo expansivo e solidario que nos vencella a esa coherencia manifestada e practicada polo cidadán Eduardo González Ananín. O seu discurso solidario fomenta gratas benquerenzas cos maltratados e espoliados do planeta. A súa poesía esclarece esa magnitude de pensamento nada reducionista fronte aos grandes problemas que atentan contra esa sociedade desatendida cun alto índice de marxinalidade. Aí está o verso espido coa súa abastada grandilocuencia de matices, nos que nunca atoparemos renuncias nin silencios. Os ecos de Ananín responden a esa patente que sonoriza as boas vontades solidarias que o noso poeta acolleu naquela escola rural de Tibiás, do seu honrado pedagogo que foi Manuel Luís Acuña. Ese herdo matricial está custodiado nos poemarios: "Rol de Cantárida", "Tiempo Inesperado", "Tierra Compartida", entre tantos outros títulos que merecen conxuntalos nun volume de "Poesía Completa". Sen deixar esquecer unha homenaxe polo contributo que nos deixou no seu nobre ideario, contribuíndo a reconstruír unha Galiza mais auténtica e de seu, e dun universo libre de terríbeis ataduras que soportan "Os condenados da terra". Neste libro de Frantz Fanon, tamén encontramos as ideas explícitas e globais que defendeu Eduardo González Ananín, integrándose no contexto fanonista.

Grazas grato amigo Eduardo, sempre agradecido pola sementeira solidaria e humanista que nos deixaches; pola defensa dos desprotexidos e pola xustiza social que sempre erguiches en luminoso facho. Que a terra che sexa leve, meu verdadeiro amigo!