A literatura infantil de Xoán Neira 28/08/2023
Opinión - logo gd 2

Xosé Lois García

O longo inventario formativo da literatura infantil do escritor Xoán Neira (Meilán - Lugo, 1953) posúe unha das ofertas máis concisos e penetrantes, no xoan neira maxica luaeido da argumentación pedagóxica, ben axeitada á sensibilidade infantil. Falamos da última entrega deste escritor lugués, dunha vintena de poemas, baixo o titulo: "Máxica lúa". Libro publicado por Medulia editorial. O exercicio vital de Xoán Neira, no que toca á poesía infantil, son A literatura infantil de Xoán Neiraeses relatos tan específicos e concéntricos, con desenvoltura orixinal qué ademais de enxalzar eses matices relevantes do noso satélite, os fai visíbeis e entendíbeis onde a maxia do poema-conto posibilita ese concerto pedagóxico e relevante atracción infantil, con ese concerto temático sostido nos dous poemas iniciais: "Bicos de Lúa" e "A lúa esa musa". Entrando en materia, o relator desenvolve amplos atributos e adxectivos sobre a lúa, promocionando destinguidas achegas dunha maneira analóxica que conforman un activo concerto sen simulacros e con esa carga musical que ben merecen unha partitura que remate de coroar estes singulares poemas, coa atraínte participación e mobilidade dos nenos nun escenario aluarado.

Títulos de poemas como "Lúa azul", "Lúa verde", "Lúa laranxa-amarela", lexitiman un eido orixinal que nos adentra na literatura lorquiana. Esa lúa de cores tan enfática que aparece máis de duascentas veces citada nas obras de Federico García Lorca. A lúa verde: "verde que te quiero verde". O poeta de Fuente Vaqueros, marca a cor da esperanza, e da desesperanza, cando a morte ergue a súa gadaña devastadora contra aquela moza xitana. Todo un romance que Lorca teceu con eses símbolos que nada teñen de infantís. A "Lua verde" neireana sedúcenos neses xiros que matizan a destrución do noso satélite, nestes versos "Lúa de mazá, / despois dunha dentada / fáltalle un bocado". Aquí crea unha alta tensión do declive planetario, que ten que ser explicado polos ensinantes, descifrando eses elementos simbólicos e metafóricos que encerran estes tres versos. Neste poema, o verde toma un sentido enfático no verdor xerminal da primavera, aínda que esa dentada que fana e retalla, dun bocado, a lúa e seus resplandores. Remata o poema un tanto borrascoso: "Lúa estraña / de cor esperanza". Pese o declive da esperanza é capaz de non deixarnos orfos desa lúa verde.

A lúa verde de Lorca introduciuna na nosa literatura a través dos "Seis poemas galegos" (1935), que nos vén conferida polo "Romancero Gitano", nesta exclamatoria: "Su luna de pergamino / Preciosa tocando viene". No "Madrigal a cibdá de Santiago", aparecen "Herbas de prata e de sono / cobren a veleira lúa"; na "Cantiga do neno da tenda", no apelo de Ramón de Sismunde: "Sinteu a muiñeira d'água / memtres sete bois da lúa pacían na súa lembranza". No "Nouturnio do adolescente morto", determínase: "Agoa despenada baixaba da lúa / cobrindo de lirios a montana núa". Na "Danza da lúa en Santiago", rematan así os "Seis poemas galegos: ¡Si, a lúa, a lúa / coronada de toxos, / que baila, e baila, e baila / na Quintana dos mortos!" Nas catro pezas de teatro infantil de Federico, a máis evocadora é: "Viaje a la luna", adaptábel e servíbel para os nenos de calquera temperanza de idade. Sirva de homenaxe a García Lorca este pequeno apéndice. Coido que Neira consíntemo.

Os expoñentes en destaque das briosas lúas máxicas de Xoán Neira, veñen a incorporarse a ese longo percorrido e transcendente inventario trazado desde Homero até Mario Benedetti, pasando por José Martí, Rubén Darío, Antonio Machado, Miguel Hernandez Borges, Alberti, e sen deixar á nosa Rosalía, a Balle-Inclán e Manuel maría; entre tantos outros poetas galegos de diversas xeracións que consideraron que a literatura infantil é un dato de suprema utilidade presencial do noso idioma e cultura. Neste confinamento da evocación lunar de Xoán Neira, sorpréndenos con esas estancias particulares do paraíso lunar, tan sensíbel nas interpretacións do escritor de Meilán. Ademais, desde a súa contemplación, procesa estímulos e rangos do noso nocturno satélite que ilumina eses atributos, mitos e fábulas das máis lonxincuas tradicións galegas, como as que figuran no poema: "A Lúa e a Terra". A lúa do noso refraneiro, tantas certezas nos aporta sobre todo o que foi tecido pola Galiza rural: "Lúa de xaneiro non ten parceiro", "Lúa nova con treboada, trinta días mollada, "O cerco na lúa, a lagoa enxuga".

Nesas instancias textuais está o soporte das nítidas e sorprendentes imaxes de Lucía Barrios (Lugo, 1982). Os textos deste libro teñen nesta deseñadora gráfica unha portentosa e ávida guía emancipadora nos relatos mais expansivos que nos mostran esas liñas, espazos e cores, nada miméticos. Unhas ilustracións para convivir e durar na longa resistencia e na fraternidade entre poesía e plástica. Aquí nestes versos e nestas pinturas e onde máis visibilidade encontramos naquel concepto tan severo que nos deixou Leonardo Da Vinci: "A pintura é poesía muda; a poesía é pintura cega".