Materia Corporal

Materia corporalBuscamos unha morada nocturna
unha luz de mormos clarois: fuxidía
pra amarnos entre as brétemas.

Un barco sin armas nin amarras
lévamos á planicie de espalladas nebulosas
pra que os nosos corpos afronten
o amor que neles arde.
O navío avanza polos ronseles da memoria,
e penetramos nun rumbo violento,
no vivo ardor das ondas alporizadas
á precura da interrupción do ár.
 ______________

Sempre falar-hei da illa dos amores
e, tamen, de Airam;
da túa tenra melanconía,
nascida entre ronsales e clorofila,
pra ser nas miñas vísceras ambar.

Somentes evocar-hei a Airam
cando esté nos dominios
que ela tén sobre o mar.

Ahora, certamente, sei que Airam
é a nova deusa da conquista
diste labirinto, maxestuoso,
feito de onda e rochedo
onde cabalgan, libres
brétemas grisallentas
sobre polros de escume.

Falar-hei dun navío de cal,
onde xiran as miñas olladas
coma, simples, aves acrobáticas
que buscan outro solpor aureal.

Anunciar-hei vieiros e encrucilladas
diste antigo reino que é de Airam,

____________
Titulo: MATERIA CORPORAL
Autor: Xosé Lois García
Data de edición: 1986
Edita: COORDENADAS, REVISTA UNIVERSITARIA DE CULTURA
prólogo Uxío Novoneyra Il·
lustracions Joseph Llover