Paixón e rito

paixon e ritoAs maos, igual que cardos,
sempre perdidas
talvez reencontradas
comparten o ardentío
na mesma táboa.
 
Necesariamente
a area esgota os cardos;
dedos como paxaros
comenzan a ficar quedos.
 
É tan sensíbel a saudade
que cada xesto
repítese en auga namorada.
 
______________
 
O mar descende coa pequena illa
sen dar tombos
 
como si houbera límites.
 
Ninguén imaxinaba o verao
envolvendo a imaxen nunha superficie única e terrea
como mandorla que envolve o pantocrator de Moissac.
 
Mitos e libros con suficientes erros,
sobor do murmurio e da invocación,
non puderon conquistar aos bardos
nen o poema de Yeats.
 
Calquer maxina os pés por area mollada,
reducindo a maré
no desacougo dun barco
 conquistado a meia tarde.
______________
Titulo: PAIXÓN E RITO
Autor: Xosé Lois García
Data de Edición: 1993
Edita: Sons Galiza Libros