Do Faro ao Miño 2


do faro o mino SILENCIOS DOS FARO

Escoito tímida oración
no amencer dun freixo
e nas grutas do corazón.

Un labrego respira,
outro retén o silencio
cuando as chedas xemen
cara a fonte de Seixas.
O labrego fica no sagrado,
sen seu cántico compasado,
ollando a carón da cornixa
vaguidades dun ceo limitado
mentres a terra lle descubre
outros rumores silenciados.

_______________

TEMPO DE NEVE

De San Paio de Muradelle
ven baixando unha nevada,
ponse a chorar en Perlada
e a bagoar por Sabadelle.

Despois de tanto nevar
o merlo ponse a cantar.
___________
Titulo: Do Faro au Miño
Autor: Xosé Lois García
Data de Edición: 2005
Edita: Frouseira
Libro Patrocinado pola Asociación Xohán de Requeixo.