A proclama

a proclamateatro1(O escenario é un cuarto denegrido e con tres cubetes grandes e dous pequenos que están na parte dereita. Tocando a parede un mastro estragado e dúas teas de vela que cobren boa parte dela. O alcalde, duns trinta e cinco anos, está sentado nun cubete pequeno e debruzado sobre un grande. Don Xorxo. da mesma idade, está na esquina e á esquerda do alcalde, sentado no chao e con capa inglesa, ao seu lado o Bastián, cun abrigo farrapento e cunha gorra que lle tapa as orellas. Os outros persoeiros levan vestes mariñeiras. O Trava e o Acusador 1º levan cada un unha espingarda e custodian a Don Xurxo e ao Bastián. Contra destes dous berran o resto dos persoeiros, mentres unha luz vai iluminando todo o escenario, lentísimament. )

Titulo: A PROCLAMA
Autor: Xosé Lois García
Data de Edición: 1996
Edita: ELSINOR TEATRO