Xosé Lois García, naceu en Lugo o 22 de abril de 1945. Criado na parroquia de Merlán (Chantada). Aos vinte anos pasou a vivir a Barcelona, traballando como operario metalúrxico na empresa Seat. Despedido desta empresa durante catro anos por problemas políticos e sindicais, sendo amnistiado político e readmitido en 1977. Estudou varios cursos de socioloxía no Instituto de Ciencias Sociais e Políticas de Barcelona que, mais tarde, abandonou para ingresar na Universitat de Barcelona, onde se licenciou en Xeografía e Historia. Profesor. Foi o fundador é director do Arquivo Histórico Municipal de Sant Andreu de la Barca (Barcelona) e responsábel de Patrimonio Histórico e Cultural. Desenvolveu diferentes labores na divulgación da cultura galega en Cataluña. Conferenciante, articulista en varias publicacións de Galiza, España e do estranxeiro. Foi correspondente da revista portuguesa “Nova Renascença”. Articulista da prensa catalá: revista “Canigó” e “Historia y Vida” e nos xornais: “Avui” e “Mundo Diario”. Participou nas revistas portuguesas: “Quadernos do Tâmega!, “Anto” e “Saudade”, “Colóquio & Letras”. Columnista semanal do xornal “O Correo Galego”, “Galicia Hoxe”, “A Nosa Terra” e “Sermos Galiza”. Autor de diversas publicacións de historia, ensaio, teatro, literatura infantil e sobre a simboloxía románica na Ribeira Sacra. Como poeta ten publicado trinta libros. Recoñecido na lusofonía como especialista da literatura de expresión portuguesa en África, Asia e o Brasil, destacado divulgador da lusofonía, antólogo e traductor. A súa obra compóñena mais de cen libros publicados sobre diversas temáticas en galego, portugués e catalán. É membro de honor da União dos Escritores Angolanos (1997). Galardoado co Pedrón de Honra (2008). Nomeado Fillo Adoptivo e Cronista de Sant Andreu de la Barca (2009). Conta con varios premios como o de Creación Literaria do Ministerio de Cultura (1992). I premio de teatro Mome Varela Buxan de Teatro (2012). Fundador do “Centre d’Estudis Joan Falguera” de Sant Andreu de la Barca, e da “Asociación de Amigos do Románico da Comarca de Chantada”.

 - POESÍA –

Borralleira para sementar unha verba (1974)
No teño outra cantiga (1975)
Do Faro ao Miño (1978)
Aquarium(1982)
Materia Corporal(1986)
Os indicios do sol (1988)
Tempo precario (1988)
Labirinto incendiado (1989)
Paixón e rito (1993)
Circulo de luz e xisto (1994)
Rosto incompleto (1996)
A figueira lingoreteira, (poesía infantil) 1997.
Falo de Baco (1998)
O som das águas lentas (1999)
Sambizanga (1999)
Kalendas (2005)
Do Faro ao Miño 2 (2005)
África em sinfonia solar (2005)
Poemas Pornofálicos (2005 e 2009)
Cruïlles de Sant Andreu de la Barca (2006)
No imo do tempo (2007)
Kalendas Cuba: rescate de la memoria emigrante (2007)
Pórticos do gozo (Poemas a Pantón) 3ª edición Concello de Pantón 2018. 1ª edición 2008
Cancioneiro de Pero Bernal (Segunda edición 2009)
Petroglifia (poemas a Sober). 2009
Poesía completa I / Por Ninguén Aloumiñana 1972-2005. (2011)
(Poesía completa II / No Sangue dos Bardos 2005-2009. (2011)
Do A ao Z con... Manuel María (2011)
No vértice dos cervos (2012)
Tedempo (2012).
Remitencias (2013)
No soño dos ollos (2017)
Ecos Dos Poetas De Chantada. Miscelánea de poemas do século XII ao XXI (2017)
Debuxando unha estrela. poesía infantil (2018)
Cromatismo divino. as pinturas murais de Nogueira de Miño (2018)
Magdalena (2019)
A Barca de Noé, Poemario infantil  (2020)
Cancioneiro da Nosa Señora de Pesqueiras (2020)
Alefato (2021)
Poesia é flor de alto calibre (2021) - Antología poética de Xosé Lois García (1974 - 2021)
O mar vai en nós (haikais) (2022)


 - SIMBOLOXIA DO ROMÁNICO -

Simbologia do românico de amarante (1990 e 1997)
Simboloxía do románico de Pantón (1999 e 2013)
Simboloxía do románico de Sober (2008)
Simboloxía do románico de Chantada (2010)
Guía do románico do Ribeiro (2012)
Simboloxía do románico do Saviñao (2015)
Simbologia do Românico de Penafiel (2018)

 

- TEMAS DE ÁFRICA (LUSOFONÍA) -

Agostinho Neto la lucha continua (1980)
Poesía mozambicana del siglo XX (1987)
Poemas a la madre África (Antología de la poesía angolana del siglo XX) 1992.
Floriram cravos vermelhos (Antologia poética de expressão portuguesa en África e Asia (1993)
António Jacinto: A luta do poeta-guerrilheiro contra a alienação (1995)
Antologia da poesia feminina dos PALOP (1998)
Nacionalismo e Cultura en Amilcar Cabral (1999)
Homenagem a Angola (2000)
Poesía anónima africana (2008)
Sagrada Esperança de Agostinho Neto (Edición cubana 2008)
Polas diversas xeografías da lusofonía (2013)

 

- LITERATURA INFANTIL -

A figueira lingoreteira (1996)
A mulemba que fala (2006)
Animalario (2012)
O furtador de auga (2013)

 

- PUBLICACIONS INSTITUCINALS EN CATALÀ -

Tot descobrint Sant Andreu de la Barca (1999)
Imatges i records de Sant Andreu de la Barca (1999)
Efemèrides històriques de Sant Andreu e la Barca (2000)
Recull enciclopèdic de Sant Andreu e la Barca (2001)
La Societat el Casino de Sant Andreu e la Barca (2002)
La pagesia a Sant Andreu de la Barca (2004)
Els alcaldes de Sant Andreu de la Barca del segle XX (2005)
L'alcale Joan Falguera i Estapé vida i obra (2005)
Guia del patrimoni arquitectònic de Sant Andreu de la Barca (2006)
Constitució del Consell de Jurats de Sant Andreu de la Barca de 1594 - (2006)
L'ahir i l’avui de Sant Andreu de la Barca (2007)
L'emigració de Sant Andreu de la Barca a Xile (2008)
La nostre gent (Sant Andreu de la Barca) 2009.
Cróniques de Sant Andreu de la Barca (2012)
Desguiamente de guiats (teatre) 2014.

 

- TEATRO -

A Proclama (1996)
A feira do cinco (2009)
O reloxo do Merexildo (2009)
Labyrinthus (2010)
Mirafentos (2010)
A cerna (2013)
Desguiament de guiats (2014)
Auto do demo e da viñateira (2017)
Conversa de Manuel María e Xohán de Requeixo no monte Faro, entre as néboas do tempo (2016)
Proceso a Lucía Fidalgo (2017)
Teatro completo (1996-2019)
Unha cunca de caldo quente (2022)

 - ENSAIOS -

Castelao i Catalunya (1979)
Nacionalidades colonizadas da Europa occidental (1980)
Castelao dende Catalunya (1988)
Lectura e itinerario posíbel polo Terra Cha de Manuel María (1994)
Jacinto a luta do poeta-guerrilheiro contra a alienação (1995)
Aportacións para un vocabulario da flora e da fauna no "Terra Chá" de Manuel María (1995)
Homenagem a Angola (2000)
Os trobadores das terras de Chantada (2001)
José Martí y el vino (2002)
Adegas Amedo na tradición dos viños de San Fiz (2003)
Uxío Novoneyra revisitado (2010)
Uxío Novoneyra home e terra (2010)
Manuel María reencontrado (2015)
A poesía mística e cívica de Xosé María Díaz Castro (2016)
A vertixe dos dias (2016)
África: pro-texto e erotismo na poesia de Lopito Feijóo (2021)

 

- PROSA -

Xente de inverno (1995)
A idade do orballo (2009)

 

- EDICIÓNS ORGANIZADAS POR XLG-

Nova Galiza (1977)
Discursos dos parlamentarios galeguistas no Congreso dos Deputados, 1931-1936 (1978)
Castelao el problema de les nacionalitats ibèriques (1983)
Rosalírica (1985)
Nova Galiza (Edición facsimilar) (1990)
Carles Riba, Cantares d’Amor e d’Amigo (1990)
Nacionalismo e cultura de Amilcar Cabral (1999)
Cadernos poéticos dun emigrante en Cuba (2004)

 

-ANTOLOXÍAS-

Agostinho Neto la lucha continua (1980)
Antologia de la poesía mozambicana (1987)
Poemas a la madre África (poesía angolana). 1992
Floriram cravos vermelhos (antoloxia da poesía en língua portuguesa en África e Asia). 1993.
Antoloxía da poesía portuguesa contemporánea (1993)
Escolma da poesía galega. ((1984)
Antologia da poesía feminina dos PALOP (1998)
Alén do azul (unha ducia de poetas galegos en Catalunya) 1999
Antologia da poesia brasileira (2001)
Antoloxia da poesía anónima africana de Rogelio Martínez Furé (2007)
Antoloxía dos poetas galegos en Cuba (2008)
Ecos dos poetas de Chantada, do século XII ao XXI (2017)
Tao te King de Lao Tse. Versión en galego de XLG (2006)
Antoloxía poética da Escola Labrega luguesa. De Leiras Pulpeiro a Uxío Novoneyra (2013)