xose 1200x230

Xosé Lois García, naceu en Lugo o 22 de abril de 1945. Criado na parroquia de Merlán (Chantada). Aos vinte anos pasou a vivir a Barcelona, traballando como operario metalúrxico na empresa Seat. Despedido desta empresa durante catro anos por problemas políticos e sindicais, sendo amnistiado político e readmitido en 1977. Estudou varios cursos de socioloxía no Instituto de Ciencias Sociais e Políticas de Barcelona que, mais tarde, abandonou para ingresar na Universitat de Barcelona, onde se licenciou en Xeografía e Historia. Profesor. Foi o fundador é director do Arquivo Histórico Municipal de Sant Andreu de la Barca (Barcelona) e responsábel de Patrimonio Histórico e Cultural. Desenvolveu diferentes labores na divulgación da cultura galega en Cataluña. Conferenciante, articulista en varias publicacións de Galiza, España e do estranxeiro. Foi correspondente da revista portuguesa “Nova Renascença”. Articulista da prensa catalá: revista “Canigó” e “Historia y Vida” e nos xornais: “Avui” e “Mundo Diario”. Participou nas revistas portuguesas: “Quadernos do Tâmega!, “Anto” e “Saudade”, “Colóquio & Letras”. Columnista semanal do xornal “O Correo Galego”, “Galicia Hoxe”, “A Nosa Terra” e “Sermos Galiza”. Autor de diversas publicacións de historia, ensaio, teatro, literatura infantil e sobre a simboloxía románica na Ribeira Sacra. Como poeta ten publicado trinta libros. Recoñecido na lusofonía como especialista da literatura de expresión portuguesa en África, Asia e o Brasil, destacado divulgador da lusofonía, antólogo e traductor. A súa obra compóñena mais de cen libros publicados sobre diversas temáticas en galego, portugués e catalán. É membro de honor da União dos Escritores Angolanos (1997). Galardoado co Pedrón de Honra (2008). Nomeado Fillo Adoptivo e Cronista de Sant Andreu de la Barca (2009). Conta con varios premios como o de Creación Literaria do Ministerio de Cultura (1992). I premio de teatro Mome Varela Buxan de Teatro (2012). Fundador do “Centre d’Estudis Joan Falguera” de Sant Andreu de la Barca, e da “Asociación de Amigos do Románico da Comarca de Chantada”.

camilo gomez torres
De rebeldías, Soños e irmandades

coloquio homenaxe xose lois garcia
Libro Coloquio-Homenaxe

polas diversas xeografias da lusofonia 210x315
Polas diversas xeografías da Lusofonía

pinturas renacentistas 210x315
As pinturas renacentistas de Santa María de Pesqueiras