Xosé Lois GarcíaXosé Lois García, naceu en Lugo o 22 de abril de 1945. Criado na parroquia de Merlán (Chantada). Aos vinte anos pasou a vivir a Barcelona, traballando como operario metalúrxico na empresa Seat. Despedido desta empresa durante catro anos por problemas políticos e sindicais, sendo amnistiado político e readmitido en 1977. Estudou varios cursos de socioloxía no Instituto de Ciencias Sociais e Políticas de Barcelona que, mais tarde, abandona para ingresar na Universidade de Barcelona, onde se licenciou en Filosofía e Letras (Historia Contemporánea). Profesor. Foi o fundador é Director do Arquivo Histórico Municipal de Sant Andreu de la Barca (Barcelona) e responsábel de Patrimonio Histórico. Desenvolveu diferentes labores na divulgación da cultura galega en Cataluña. Conferenciante, articulista en varias publicacións de Galiza, España e do estranxeiro. Columnista semanal do xornal “Galicia Hoxe” e de “A Nosa Terra”. Autor de diversas publicacións de historia, ensaio, teatro,  literatura infantil e sobre simboloxía románica na Ribeira Sacra. Como poeta ten publicado vinte e tres libros, algún deles en Toxosoutos. Recoñecido como un dos mais importantes especialistas da literatura de expresión portuguesa en África e destacado divulgador da lusofonía, antólogo e traductor. A súa obra compóñena mais de setenta libros publicados sobre diversas temáticas en galego, portugués e catalán. É membro de honor da União dos Escritores Angolanos (1997). Galardoado co Pedrón de Honra (2008) e nomeado Fillo Adoptivo e Cronista de Sant Andreu de la Barca (2009). Conta con varios premios como o de Creación Literaria (1992) do Ministerio de Cultura e Premio Mome Varela Buxan de Teatro (2012), entre outros. É un dos fundadores da Asociación de Amigos do Románico da Comarca de Chantada e actualmente presidente da mesma.

De rebeldías, Soños e irmandades
De rebeldías, Soños e irmandades

Libro Coloquio-Homenaxe
Libro Coloquio-Homenaxe

polas diversas xeografias da lusofoniax200
Polas diversas xeografías da Lusofonía