De rebeldías, soños e irmandades. Noticia de Xosé Lois García, da autoría do profesor Camilo Gómez Torres é un libro que percorre a vida enteira de Xosé Lois García, en súas diversas facetas, no que toca a parte humana como a literaria. Camilo Gómez Torres escudriñou tanto a parte persoal, en seus termos biográficos, como o amplo ventallo das diversas obras literarias do poeta de Chantada. Unha obra que nos vén da mao dun incansábel investigador e rigoroso documentalista, na que se esclarece unha suma de elementos sobre a traxectoria ascendente de Xosé Lois García.

Camilo Gómez Torres, nas 430 páxinas que ten este libro, resolveu varias temáticas para adentrarnos nunha serie de recursos e matices literarios de Xosé Lois García. Sen a perseveranza e a indagación do autor deste libro, ficaría sen coñecerse temas irreversíbeis tanto da persoa como do escritor. Toda unha descuberta eficiente que nos vén dun enorme perceptor e investigar literario que transita polo rigoroso cume da veracidade.

Este libro foi publicado por Edicións Xermolos (2015). Guitiriz (Lugo).

Fernando Galindo Ortiz

 


camilo gomez

camilo gomez torres

Presentación libro do manierismo en Sober.

a ìntura manierrista en solbar