Unificar nación! - 24/07/2012
ECOS DA BERENGUELA - xornal

Xosé Lois García
Hai nación sostíbel se os que cren nela, os que a proclaman (os nacionalistas), tratan de agrandar esforzos e impor comprensión sobre varios problemas de fondo e de base que se detectan en Galiza. A nación existe, aínda naqueles que non saben que tódalas expresións do herdo transmisor de nosos devanceiros formulan e potencian a nosa personalidade colectiva. Incluso os que se autoexclúen, os anormais, os transbordados que renuncian ao noso idioma e se integran no alleo, manifestan inconscientemente todas as expresións culturais e psicolóxicas que forman parte da autenticidade de Galiza como nación. Unha nación intervida, desgastada e con numerosas contradiccións existentes, creadas polo Poder Central e pola Xunta de Galicia, máxima representante do integrismo españolista que ostenta e potencia o PP.

Fronte a esa política de homologación, o nacionalismo ten que ser contundente en normalizar país a través dunha concienciación que transcenda alén de certos illamentos e de grupos, que antes eran capelas e agora son cortellos. Estamos nun espazo que define os tempos e determina as accións de traballar e inspirar confianza aos diversos núcleos populares mais degradados economicamente polas políticas do PP. Aínda que o pensamento nacionalista estea, nestes momentos, diversificado, non debemos deixarnos sorprender polos que postulan outra dirección ben diferente aos problemas actuais que ten Galiza, e que eles chaman, “proyecto común de todos los españoles”.

Existen nacionalistas porque existe nación. E se existe nación galega tódalas vías nacionalistas constatan que hai problemas existenciais e identitarios que temos que solventar. Todos estes problemas están sometidos a diversas consideracións e interpretacións. Para afrontar a actual problemática que soporta Galiza son precisas novas estructuras tácticas e ideolóxicas que a realidade actual esixe. Non é fácil comprender, por parte dunha sociedade medianamente politizada, modelos e propostas que as diversas familias do nacionalismo actual están creando novos escenarios, nun amplo espazo nacionalista, onde todos teñamos participación desde a diversidade de planeamentos que lexitimen nación. A nación ampárase irremediablemente no nacionalismo, e este na sensatez dos nacionalistas como soporte de ideas que non fraccionen nin desintegren ese patrimonio patriótico que certos dirixentes nacionalistas trataron de ignorar. Nesta dirección, non podemos volver ás cavernas minoritarias e totalitarias doutros tempos de servilismo.

A patria a sosteñen os patriotas, conscientes de cada momento e de cada situación en que os problemas reclamen debate social, que detecten os riscos xerados por forzas políticas e intereses económicos usurpadores do ben común. É urxente que os nacionalistas trasladen á sociedade alternativas para combater puntuais anomalías. É verdade que estamos nunha situación complexa, delicadamente extrema, pero Galiza, esta nosa patria desordenada e ausente de seus problemas, cando chegaron momentos moi difíciles soubo intervir e erguerse co berro aceso e co silencio combativo.

Pode que o Día da Patria Galega que celebraremos mañá, certos medios de comunicación interesados en deformar a realidade digan que os nacionalistas están divididos. Podemos estar dispersos, lamentablemente, aínda así sempre estaremos protexidos dentro do útero patriótico. As discrepancias deben ser superadas abrindo novas vías para afrontar un futuro non lonxincuo en común. As mudanzas políticas e socias que se operan na nosa sociedade esixen puntuais estratexias para superar relevantes situacións. Moitas veces o inmobilismo tratou de frear esa dialéctica necesaria que nos debe conducir a dimensionar as accións desde observancias prioritarias. Tal vez hoxe non falemos de unidade pero esta palabra está na mente de todos, pero poida ser o cordón umbilical de moitas accións nacionalistas que a nosa patria nos reclama corrixindo bastantes erros.

Presentación libro do manierismo en Sober.

a ìntura manierrista en solbar

camilo gomez torres
De rebeldías, Soños e irmandades

coloquio homenaxe xose lois garcia
Libro Coloquio-Homenaxe

polas diversas xeografias da lusofonia 210x315
Polas diversas xeografías da Lusofonía

pinturas renacentistas 210x315
As pinturas renacentistas de Santa María de Pesqueiras