A farándula institucional borbónica 05/11/2023
logo nosjpg

Xosé Lois García

Os comediantes do poder están en continua liturxia ao redor dunha monarquía asfixiada por si mesma, e amparada por anquilosados demócratas que se amparan nunha Constitución que xa non responde ás inquedanzas de novas xeracións e a innovadas perspectivas sociais que demandan mudanzas fronte á caducidade dun tempo histórico que non nos pertence.

Mais o amparo institucional borbónico, tan ficticio como contraditorio, visualizamos nel unha vulgarización cidadán que se ve cómoda e agasallada con este tipo de folclore, onde os pasmados idólatras veneran eses contos de adas, onde fantásticas e incríbeis princesas, un tanto sombrías e misteriosas, transmiten un transcendente espectáculo, tan mimado ese mundo capitalista soterrado de intereses alienantes e de perversa cobiza, amparado por uns medios tan absorbentes como son os de comunicación, capaces de crear monstruosos principados, ben asistidos e adobados por unha propaganda excesiva, capaz de inculcarnos e remitirnos a ese espellismo que os poderes políticos propician e deles transpiramos tantos amenceres contaminados.

Neste envoltorio esta unha princesa que parece que perdeu a inocencia e transcendeu, por obra e graza dunha Constitución e duns poderes políticos que a posicionan no cume dese conto de adas, tan críbel como superficial. Leonor de Borbón Ortiz é o novo e atractivo tótem a venerar e invocar nos telexornais, e en variada lectura rosa. Esta señora foi erixida a un alto rango e proclamada como digna referencia da monarquía borbónica, dunha unísona e repetitiva ralea que en tantas ocasións históricas nos teñen defraudado, cometendo crimes de Estado, como os cometidos por Fernando VII e outros monarcas Borbón que lles importou un pemento picante a Patria que tanto evocan e cacarexan. Incomprensibelmente constatamos as froilanadas, acometidas e acomodadas por un membro da xerarquía borbónica, nada menos que o cuarto en herdo e sucesión de Felipe VI (nestes momentos), metido en despropósitos que rozan con penas xudiciais, acaparando tristes aventuras que desvelan que non é un cidadán normal senón membro dunha fruxe que aínda emite medos e temores. Ese tal Froilán, reflicte a autenticidade xenética borbónica, tan aparellada a fraudes e meritorias falcatruadas e vilezas que teñen cabida na historia máis burlesca e decadente da borbonía española. Dez dinastías desde Felipe V a Juan Carlos I. Sen contar o actual monarca que teima remar barca varada con remos e mastros desgastados.

Dez monarcas que propiciaron guerras e asasinatos como Felipe V, Fernando VII e Alfonso XIII, este en súas correrías coloniais en Marrocos, creando e sostendo xenerais golpistas. As guerras internas entre Carlos IV e seu fillo Fernando VII, no Motín de Aranjuez, entre temerarios sátrapas e libidos copuladores como Godoy: confraternizando praceres coa propia raíña María Luisa de Parma. Así chegamos até as recentes falcatruadas de Juan Carlos I, que son ben notorias e sabidas.

As exhibidoras farándulas rexias, tan envolventes como inseguras, unha princesiña de adas como Leonor de Borbón Ortiz, posicionada no centro da espiral e no deleite máis feliz, pode que tenebroso, que soña con ser raíña, máis a dispersión de soños non deixan de ser unha ousadía irreparábel. Desde agora, princesiña palaciana, moito coidado cos xestos e coas palabras, coas compañías, coas cámaras de vixilancia, moito coidado cos paparazzis, que xa a marcaron sendo crianza, cando despoticamente retirou do seu ombreiro a mao da súa avoa, a raíña Sofía.

Talvez inducida por unha boca poderosa que vostede levaba a seu lado. Aquel xesto está ben codificado na súa biografía, e sabe ben que é un peso sombrío que lle van a lembrar asiduamente. Procure non sumar a esa especie de irreverencias vaidades e requintes de pazo real. Pense que esas maos xenerosos do pobo de Madrid que a aplaudiron e “admiraron”, son capaces de lanzarlle pedras, cando entendan que vostede usurpa dereitos populares e democráticos. Moito coidado, princesiña!

nos diario 200

galicia digital 200

canle ribeira sacra logo 270