A cadea consumista de Nadal - 26 Decembro 2013

Os estímulos consumistas aceleran, por estas datas, a propagación dunha escandalosa e atraínte escenografía comercial de proverse dunha serie de artigos que non precisamos. Mais o escaparate o temos dentro da casa, nas pantallas televisivas, que nese bombardeo reiterado de imaxes atractivas e calculadas que posibilitan que o anzol nos enganche ao consumismo. Outras veces teñen un carácter inocente e, incluso, fraternal e caritativo.

Os estímulos consumistas aceleran, por estas datas, a propagación dunha escandalosa e atraínte escenografía comercial de proverse dunha serie de artigos que non precisamos. Mais o escaparate o temos dentro da casa, nas pantallas televisivas, que nese bombardeo reiterado de imaxes atractivas e calculadas que posibilitan que o anzol nos enganche ao consumismo. Outras veces teñen un carácter inocente e, incluso, fraternal e caritativo.

"Os estímulos consumistas aceleran, por estas datas, a propagación dunha escandalosa e atraínte escenografía comercial de proverse dunha serie de artigos que non precisamos".

O convivio familiar, a xuntanza cos amigos están baixo un alegato de convivencia e unión que aparece remarcado dunha maneira excesiva e sutil, procurando multiplicar as súas ganancias nesta mercadoría de vileza, ante unha sociedade precaria, rudimentaria, alienada e articulada para obedecer a chamada de ir ao maculado templo do consumo, das grandes superficies a venerar o tabernáculo da grande idolatría

O Nadal perdeu esa perspectiva de anunciado dun nacemento fraternal entre os humanos. A Igrexa transferiu toda esa carga mítica, con seus excesos idolátricos adorando ao heroe crucificado, á doutrina capitalista. O evento non deixou de ser recalcitrante durante séculos, cunha permanencia sen mudanzas, parecía que o espírito desa festividade endexamais ía ser engulido por absorbentes prácticas de crédulos seres cuxo ídolo é a face do Cesar, nesa moeda tan venerada no que respecta a oferta e a demanda. O reclamo ao nacemento dun salvador, investido de ídolo, evidencia a inercia dun desfase sen control e sen un sentimento que particularice a solidariedade fraternal ante os que carecen da migalla mais mínima para dar ledicia a seu estómago famento.

O ritualismo trocou de lugar, dun harmónico e pacífico templo de pacientes fanáticos e ousados predicadores, máximos prosélitos desa tradición que se perde nos refugallos duns estímulos absorbidos por un devocionario tan desordenado como reiterativo, no dominio de almas cándidas e espíritos malpocados.

A ritualidade consumista ten outras connotacións mais severas e ordenadas no dominio comercial, nese imán de atracción tan absorbente e manipulador; tan expresivo nesa ferocidade de controlar todo ese escenario, todo ese tecido de intereses que nestes eventos de Nadal, ano novo e Reis, propágase o consumismo: dese incendio devorador do que ninguén sae ileso, dunha maneira sofisticada e perspicaz.

"Non é fácil estragar a cadea na que está gustosa e compracida a sociedade, baixo os auspicios dunha publicidade envolvente, capaz de desarticular calquera crítica contra o sistema de roubo e escarnio".

A oferta está á altura de calquera peto e de calquera clase social. Ninguén escapa dese certeiro e asfixiante tentáculo. Desa simpatía que esconde seu veleno atrapa vítimas.

Observamos que estas festas tradicionais xa están fora dos esquemas relixiosos e dando satisfacción a intereses inmobilistas dunha oligarquía impaciente por manter un dominio omnímodo que satisfaga e amplíe súas ambicións. O simplismo relixioso foi acomodado no templo do consumo dese enorme holding que prové de satisfacción a todos no seu santuario e, incluso, amplía a oferta idolátrica do día do pai e da mai. E non faltará a celebración do día do gato e do can.

Somos feitos e modelados á medide deste sistema consumista.

Os herdos misteriosos do pasado son peso de destrución para inmobilizar o presente. Non é fácil estragar a cadea na que está gustosa e compracida a sociedade, baixo os auspicios dunha publicidade envolvente, capaz de desarticular calquera crítica contra o sistema de roubo e escarnio. Hai saídas airosas para negarse a esa entrega consumista; a esa conformidade alegre e festeira de entrar no santuario das grandes superficies comerciais que potencian insolidariedade e individualismo.

camilo gomez torres
De rebeldías, Soños e irmandades

coloquio homenaxe xose lois garcia
Libro Coloquio-Homenaxe

polas diversas xeografias da lusofonia 210x315
Polas diversas xeografías da Lusofonía