Uanhenga Xitu, im memoriam - 20 Febreiro 2014

A literatura angolana está de loito, tamén a memoria da resistencia e tódolos oráculos históricos e revolucionarios que testemuñan a súa presenza na vida cívica de Angola. O falecemento de Uanhenga Xitu, heterónimo de Agostinho André Mendes de Carvalho (Icolo e Bengo, 1924-Luanda, 2014), representa unha perda de alta dimensión para todo aquilo que se referencia na creación literaria angolana e de alto aprecio en toda a lusofonía.

A literatura angolana está de loito, tamén a memoria da resistencia e tódolos oráculos históricos e revolucionarios que testemuñan a súa presenza na vida cívica de Angola. O falecemento de Uanhenga Xitu, heterónimo de Agostinho André Mendes de Carvalho (Icolo e Bengo, 1924-Luanda, 2014), representa unha perda de alta dimensión para todo aquilo que se referencia na creación literaria angolana e de alto aprecio en toda a lusofonía. A vida transcendente e existencial de Uanhenga Xitu comeza moi cedo, mesmo cando percorre todo Angola como enfermeiro, un inicio que connota entender o sufrimento do pobo angolano baixo a opresión colonial. El toma conciencia e implícase na loita de liberación nacional, ampliando seus saberes como estudante de Ciencias Políticas na República Democrática de Alemaña. Regresa a Luanda e participa activamente en todo o proceso anticolonial ate ser detido e xulgado no famoso “Processo dos 50”, sendo enviado ao Campo de Concentração do Tarrafal (Cabo Verde) entre 1962 e 1970. No Tarrafal estaban outros presos, insignes figuras da literatura angolana e da política do MPLA, como António Jacinto, António Cardoso, Luandino Vieira e o propio Uanhenga Xito, entre tantos outros. 

"A literatura angolana está de loito, tamén a memoria da resistencia e tódolos oráculos históricos e revolucionarios que testemuñan a súa presenza na vida cívica de Angola".

Após da independencia de Angola foi Membro do Conselho da Revolução, gobernador da provincia de Luanda, ministro de Saúde, embaixador de Angola en Polonia e membro do Comité Central do MPLA. Estas son as sinais de identidade de Uanhenga Xito en seu paso por diversas responsabilidades políticas. Foi unha persoa moi respectada, non adulada, polo seu talento e talante de estar co pobo, caracterizándose por esa humildade e con ese chapeu popular africano, todos lle daban o saúdo de rigor e miramento: “Ó mais velho!”.

Coñecín a Uanhenga Xito nunha visita á Assembleia Nacional Popular de Angola, estaba acompañado polo poeta e antigo preso do Tarrafal, António Cardoso, os dous acompañáronme por varias instancias do Comité Central do MPLA e deron testemuña dos anos de contenda e da epopea do cárcere que eles lembraban. Foron días impresionantes para min, ouvir todo aquilo de dúas voces, de dúas grandes figuras que comezaron a redactar a memoria do Campo de Concentração do Tarrafal e da loita en prol da independencia angolana. 

Naquela ocasión, as palabras de Uanhenga Xitu fluían entre aquel riso tan sensíbel como cativador, que era un don das súas expresións de certeza e amor pola liberdade. Tamén falamos de literatura, de tódolos rexistros que se estaban dando após da independencia. El tiña un enorme interese pola literatura galega de contenda contra o franquismo, que trataba de asimilar certos puntos de reciprocidade universal que se daban na literatura de contenda, como el lle chamaba. Envieille varios libros, sobre esta tendencia, de varios escritores galegos. Congratulándose co acerto con que eses escritores encararon a realidade da loita social e nacionalista de Galiza.

"As palabras de Uanhenga Xitu fluían entre aquel riso tan sensíbel como cativador, que era un don das súas expresións de certeza e amor pola liberdade·.

Foise o poeta, o contista, o home de Estado. En calquera parte o encontraremos dialogando con nos mesmos, nesa obra tan inmensa estará a falar. Talvez, no “Mestre Tamoda”, na “Bola com feitiço” e nas “Vozes da Zanzala (Kahitu)”. Será Kahitu quen nos fale da súa parálise: “Era paralítico. Desde a nascença nunca ficou de pé”. Kahitu é o gran protagonista deste romance, de connotacións orais que toma corpo partindo das realidades deprimentes dos habitantes das zanzalas (aldeas), personificando neste persoeiro os estremos existenciais de Angola na época colonial. O rapaz  loita pola súa supervivencia indo á escola e mais á  forxa do ferreiro: “Antes da Escola, durante muitos anos, Kahitu frequentara, como lugar de passatempo, a oficina [ferrería] de um velho ferreiro que fazia facas, machados, catanas, agulhas para fazer cestos e balaios, arpões, chuços, enxadas e mais outros artigos”. 

Esta historia novelada leva as datas de súa creación, “Tarrafal, Chão Bom, Cabo Verde -17-7 a 10-10-69”. Foi o tempo que lle levou escribir esa enorme testemuña a Uanhenga Xitu, o home do pobo que tivo un enterro de Estado. O preclaro escritor que a todos nos visita e nos proclama na palabra kimbunda e da lusofonía.

camilo gomez torres
De rebeldías, Soños e irmandades

coloquio homenaxe xose lois garcia
Libro Coloquio-Homenaxe

polas diversas xeografias da lusofonia 210x315
Polas diversas xeografías da Lusofonía