Os perversos da homosexualidade 06/12/2020
logo nosjpg

Xosé Lois García

Practicar a homosexualidade non é unha perversión nin unha anomalía patolóxica nin tampouco unha ousadía de neuróticas e viciosas persoas que atenten contra a moral establecida. De qué moral falamos? Da instruída por poderes relixiosos monoteístas e institucións incivís dependentes e instrumentalizadas por inquisidores? A homosexualidade non é perversión é un acto de sublime liberdade. Os perversos son os que perseguen unha maneira de ser e de actuar do diferente, do outro. No que respecta a comportamentos sexuais, amorosos, en liberdade e consentimento entre persoas do mesmo xénero. A idea escurantista e persecutoria (criminal), maniféstase naqueles omnímodos poderes que practicaron Hitler e Stalin, contra a homosexualidade e contra tantos outros lexítimos comportamentos diferentes aos establecidos como norma inquebrantábel e indiscutíbel. Esta conduta totalitaria reprodúcese actualmente en múltiples acólitos fundamentalistas, dunha maneira implacábel e xenocida contra homosexuais, en nome da moral imposta e dun tótem imaxinario ben incubado no odio de diversos e perigosos teístas.

As sinistras condutas talibánicas, reprodúcense nun amplo e heteroxéneo escenario de crueldade e morte contra o diferente. Estamos ante un espectáculo de horrores, feito á medida de excéntricos criminosos que exercen actitudes de persecución e eliminación dos que sosteñen liberdade e diversidade. O agresivo espectro da intolerancia percorre o mundo, dunha maneira sinistra e envolvente. Visualizando aconteceres en numerosos países de África e Asia, onde predominan intransixentes relixións que atentan contra a lexítima vontade e liberdade de persoas que optan por escoller e endereitar o seu propio camiño en materia sexual. Os camiños da liberdade están vulnerados por crenzas e ditames ditatoriais que persuaden a un público, tantas veces faltos de cultura libertaria e incapaces de pensar sobre as situacións do outro, o diferente, converténdose en perseguidor e homicida neses ambientes totalitarios protexido polos poderes do Estado. Rusia pode ser un exemplo, polas imaxes que se emiten contra a homosexualidade, tan abastecidos de persecucións e agresividades conta os homosexuais. O costumeiro stalinista continúa vixente e ben protexido por Putin, escenificando continuados affaires.

Resulta innegábel a forte reacción da extrema dereita europea atentando contra a dignidade, visibilidade e liberdade do amplo colectivo gai, de lesbianas e de transexuais que soportan continuas agresións e menosprezo contra a autoestima destas persoas. A sociedade en xeral, ademais de tomar conciencia desta delicada situación, debe implicarse, no sentido ético e cívico, no necesario e contundente reparo para que teña recorrido nas institucións para albergar protección nas leis fundamentais da Constitución, neste caso na española. A presenza da extrema dereita e de seus acólitos no Estado español, fieis aliados do machismo violento e sanguinario, apelando a conxuras contra os valores e expresións de xénero, maltrato de mulleres e de continuas agresións contra todo aquilo que lles é diverso. Ante esta deriva é preciso fornecer unha militancia activa e capaz de activar alertas para sensibilizar a sociedade do momento, en que a estrema dereita e outros apéndices e alianzas, tentan dinamitar logros e desafíos que tiveron un enorme coste para unha sociedade que xerou concordia e democracia.

A sociedade en todos os seus recursos éticos ten a obriga de salvagardar os valores e principios mais entusiastas do orgullo gai. Dignificar as persoas que sufriron persecución por realizarse e ser elas mesmas, na autenticidade de recoñecerse noutra sexualidade diferente, e que moitos tentan que volvan habitar o armario, ao estilo do ”vello topo”. Teño un enorme respecto por todas esas persoas que mantiveron viva a expresión de xénero e o orgullo de ser diversos e amplos no que libremente quixeron ser, sen prexuízos. Por este motivo soportaron aldraxes, persecucións, cárcere e estar marcados por un réxime totalitario con postulados nazis en moitos países do mundo. E, aínda, polas propias familias que sentiron vergoña deles, zorregándolles oprobios e escarnios.

Todas esas persoas que sufriron humillación por manter a súa determinada opción sexual con dignidade, son da vella estirpe dos silenciados pola forza: demócratas, comunistas, socialistas, nacionalistas, anarquistas, xitanos, masóns, librepensadores e un longo etc. Todos eles vítimas do franquismo durante corenta anos, e que agora os extremados están desexosos de endereitar e cultivar totalitarismos para comprimir á cidadanía e castrala de súas lexítimas expresións. A loita, o orgullo e a dignidade dos homosexuais e lesbiana foi un activo nesa suma de rango democrático que non é fácil esquecer. Compre recoñecernos no sufrimento dos outros, na diversidade que forxa dereitos e criterios que a todos nos atinxe.

Presentación libro do manierismo en Sober.

a ìntura manierrista en solbar

camilo gomez torres
De rebeldías, Soños e irmandades

coloquio homenaxe xose lois garcia
Libro Coloquio-Homenaxe

polas diversas xeografias da lusofonia 210x315
Polas diversas xeografías da Lusofonía

pinturas renacentistas 210x315
As pinturas renacentistas de Santa María de Pesqueiras